Otros

A romantización do tóxico.

50 Sombras de Grey é unha serie literaria de tres libros que acabaron adaptándose cinematograficamente á gran pantalla nunha triloxía de películas; a historia cóntanos o inicio dunha relación sexo-afectiva cuxas relacións sexuais se basean na práctica do BDSM. Esta relación pretende plantexarnos unha historia de amor romántica idilíca que en realidade o que enmascara é unha situación completamente tóxica. Anastasia, a protagonista, atópase con Christian, un magnate que, tras xerar uns primeiros encontros canto menos cuestionables, lle propón ser a súa sumisa. Esta proposición aséntase mediante un contrato que pon sobre a mesa unha serie de cláusulas como que a sumisa ten que estar disposta a manter relacións sexuais sempre que a el lle apeteza.

Partindo desta base podemos observar como a relación en cuestión non parte duns cementos para nada sanos: o sexo debe ser sempre ante todo consentido por ambas partes e consensuado, é dicir, establecer unha serie de límites e prácticas coas que as persoas participantes de ditas relacións sexuais estén cómodas. Creo que con esta obra se senta un precedente bastante perigoso tendo en conta que se tratou dun bestseller cuxo público maioritario foi feminino e concretamente un público feminino moi novo. Con isto quero dicir que que rapazas de 15 anos, as cales están experimentando co sexo e as relacións románticas por primeira vez, se atopen cun modelo de conducta plantexado como ideal dentro do imaxinario colectivo pero que o único que fai é fomentar conductas tóxicas é perxudicial.

Aparte disto, tamén se nos plantexa unha situación na que o suxeito feminino asume a responsabilidade de ter que sanar e facerse responsable dos traumas do suxeito masculino, co pensamento subxacente de que o amor que sinte por el vai ser suficiente para «curalo»; isto provoca que Anastasia aguante unha gran cantidade de situacións controvertidas e nada positivas para ela solo para o benestar final del. Este é un rol que se nos tende a asignar ás mulleres dentro da cultura audiovisual e literaria como se fora a nosa finalidade última na vida cambiar os comportamentos dunha persona claramente tóxica e manipulativa.

Bastante cuestionable tamén é que se nos pretenda vender que Anastasia si lle planta cara cando intenta impoñerse aos celos e á dominación psicolóxica que Christian pretende exercer sobre ela, para ao final tratarse dunha conducta baseada no reforzo intermitente por parte del, é dicir, cando ante un comportamento negativo a consecuencia positiva ou recompensa aparece de xeito intermitente; isto tamén é bastante perigoso porque esta conducta é unha das máis habituais e recorrentes dentro das relacións de maltrato e nesta obra aparece totalmente normalizada e camuflada baixo a apariencia dun amor totalmente pasional.

A romantización de relacións que en realidade foron absolutamente tóxicas tamén se dá en gran medida dentro da Historia da Arte: se, por exemplo, falamos de Picasso e das súas «musas», vamos ver que, quitando os últimos anos, xa que coa auxe das teorías feministas se puxo moito máis de manifesto as súas actitudes de maltratador, en xeral o mundo da teoría artística tende a romantizar as relacións de Picasso con Dora Maar, Olga Khokhlova ou Marie-Therese Walter, ás que en realidade maltrataba e era infiel. Este proceso de maltrato podemos incluso aprecialo na súa pintura: nos inicios da súa relación con Dora Maar píntaa idealizada e conforme a súa relación se vai desgastando os retratos que fai dela fanse máis esperpénticos.

En conclusión, creo que a normalización de actitudes tan dañinas en pleno século XXI e tendo en conta a auxe de casos de violencia de xénero que se dan no mundo cada ano, a través da estrena de películas e libros que idealizan uns comportamentos cuxo obxecto de consumo é un público tremendamente influenciable é extremadamente perxudicial e cuestionable.

Deja un comentario