Psicología/Redes/Sociología

Error: Sobrecarga

Máis vivos ca ninguén, máis mortos que calquera, vagamos polo casino de indiganción fugaz e espectáculo supremo en que se converteu o mundo. Transiximos, sen ira nin lira, ante o perecedeiro enfado, repudiando polo camiño a propia viveza da vida. Entanto, eles xogarán forte, subirán a aposta.

Noa Snir

Hastiados por estimulación, paralizados, perturbados, inquedos, o ambiente se nos pega, cada vez máis asfixiante e sofocador. Movidos por unha hiperactividade mortal desafiamos ao paxaro de soño de Benjamin, ao pano cálido e gris de seda ardente e coloreada no que nos envolvemos a soñar: o aburrimento. O aburrimento, ese desexo doutra cousa para Lacan, hoxe apaleado por un capitalismo pulsional que nos confina á servidume voluntaria. Apaleado por eles, sufrido por nós. Todo sexa polo réxime de intensidade que -ben por eles!- nos impide discriminar o cuantitativo do cualitativo mentres nos permite fuxir do que máis tememos: nós mesmos, sen máscara nin filtro. Fragmentados polo consumo fragmentado, illados e habitantes dun sucedáneo da vida, convertémonos en meros espectadores dunha realidade virtual. Son as oito da mañán. Abrimos os ollos á par que Twitter. Lemos doce medios titulares. Clickeamos en seis. Encendemos a televisión. Almorzamos. Escoitamos o telexornal. Os golpistas cataláns e o autoproclamado en Venezuela. Paradoxa? Non temos tempo. Nin de mirar, nin de comprender. Necia présa por concluír. Saímos á rúa e nos calzamos os cascos. Unha de Piaf, dúas de Chavela e, que é iso? Un coche pitando ou o reclamo dun mundo en que un vivinte vale máis ca mil autómatas?

Desexantes da inmediatez, cada segundo vacante, eterno, deambula agónico. É a tiranía da efemeridade perpetua. Sabemos tanto que non sabemos nada, queremos tanto que non queremos nada. A abulia nos enche o peito. Burnout, depresión, síndrome de desgaste ocupacional. Pura violencia neuronal. Son as oito da mañán. Hai que acumular, estoupar, innovar, aquilo que recorde á inmobilidade, á estabilidade debe desaparecer. Adeptos dunha ideoloxía do inminente, do todo, e á vez, adeptos da nada. Indiferentes por exceso, non por defecto, por hipersolicitación, non por privación. Adeptos dunha demasía apoteósica que, lonxe de abanderar, instiga ao desplome de mástiles de Molina Foix. Trinta e dous retweets, douscentos corenta e oito likes, cinco posts. Máis vivos ca ninguén, máis mortos que calquera, vagamos polo casino de indiganción fugaz e espectáculo supremo en que se converteu o mundo. Transiximos, sen ira nin lira, ante o perecedeiro enfado, repudiando polo camiño a propia viveza da vida. Entanto, eles xogarán forte, subirán a aposta.

Inmiscuídos nun tumulto apresurado de impresións inesperadas, nunha aglomeración de imaxes e informacións que nos desgarra os nervios, ficamos absortos pola metrópole de Simmel. Devorar e tragar, asentir e chorar. Pero a resignación é un suicidio cotía, advertíao Balzac, como nós o indigno da supervivencia e a inutilidade práctica do aceptar o consuelo ante a iniquidade. Non dubidaba Nietzsche: se crésemos máis na vida lanzariámonos menos ao instante. Nós, cualitativamente exhaustos, cuantitativamente inexistentes, ou invocamos ás armas de Telesila ou nos deixamos vencer. Porque o que nos fai libres tamén nos escraviza pero, ao fin e ao cabo, somos o que facemos por cambiar o que somos e, como é sabido “Sangue que non desborda, xuventude que non se atreve, nin é sangue, nin é xuventude, nin relucen, nin florecen”. Son as oito da mañán. Esperta.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s