Otros

Por el post-humor! Causa, y a la vez solución, de todos los problemas de la vida

Que opinades dos intolerantes ós intolerantes? Algo estraño, non? Son heroes? Persoas que pecan do mesmo exceso? Na miña opinión non é unha postura tan rara nos tempos que corren. Nunha sociedade tinguida por un aro de intransixencia e inflexibilidade polo socialmente correcto, fanática da filosofía “vive y deja vivir”, vexo natural tal paradoxo.

Agora ben, igual me mergullo en augas pantanosas, pero… son eu ou boa parte destes simpatizantes mostran fortes contradicións entre o que esbardallan e o que acaban facendo? Quen nunca escoitou a alguén rajar sobre o explotador que é Amancio Ortega e logo vímolo entrando nunha das súas tendas? Ou algo que me irrita a horrores, ese individuo súper retractor do noxento bullying pero que en circunstancias de presión grupal non move nin un dedo… Hei, vamos a rajar de alguén! Asente, rise e mañá é outra loita… Aquela persoa con inseguridade e pavor ó desprezo social, pero tamén extravertida, “estilosa” e divertida, fiel amigo dos seus amigos… Eh, pero para alimentar ó monstro da súa anima ben que cuspe “palabras-bomba” pola súa boca. Non me río del, rímonos con el. Non credes que estes tratos sociais difiren bastante do humor? Si, verdade? Pois boa parte destas persoas son quen logo tratan como ofensivo ó humor negro, unha plataforma artificial que se ri dos estigmas da humanidade. Un escenario de malabaristas do mal entendido, e a quen se lle escape isto, síntoo, pero non pode chamarse cómico, como moito gilipollas. Nunha soa palabra, hipocrisía.

Tampouco é a miña intención cubrir de merda á sociedade, non me gusta xeneralizar. Ademais, un bo terzo destas accións réxese, ou quero pensalo, dentro do estadio da inconsciencia, ou o que sería máis acertado, fora do estadio da meditación. “En boca cerrada non entran moscas”, ou como xa viña anunciando Descartes desde o 1637: “Cogito ergo sum” (Penso, logo existo).

Agora ben, que ocorre se tentamos tecer unha amistade entre este “vive y deja vivir” e o artificio “post-humorístico”? Poden casar? Nos últimos anos parece que non hai lugar a dúbida, un rotundo NON. É algo daniño, innecesario, irrespectuoso e ante-humorístico, alegan. Se me propuxesen esta mesma cuestión fai catro anos, supoño que chocaría abertamente contra ilo. “O humor recae nun campo completamente illado e “in-extrapolable” á realidade” diría, caendo no idealismo da harmonía social: Quen non vexa o tremendo abismo é que está cego! Porén, hoxe en día, aínda que non deserto deste “enxeño perverso”, contrapóñome ó seu libre albedrío.

Seguro que algunha vez, mentres establecías unha conversación, dixéronche: “Pasácheste! Ese é un tema moi escabroso”. Oh oh, alerta: Tema tabú! Situámonos aquí na encrucillada que quero resolver, no miolo mesmo da dualidade do “post-humor”. É moral ou non? Hai que frear a tempo ou podes aventurarte e dar renda solta a un diálogo satírico-burlesco? Sinceramente, non o sei… Deixemos ás palabras fluir, que sexan elas mesmas quen cheguen a unha conclusión.

Fará dous meses asistín en Santiago de Compostela a un monólogo oficiado no auditorio da Sede “//Afundación ABANCA”. O protagonista de tal actuación era David Suárez, un cómico emerxente do mundo de Internet e cun humor… Como definilo? Non apto para sensibles. Un extremista con maiúsculas da sátira negra. Que digo negra! Negrísima! Aborda frivolamente temas crispantes da contemporaneidade e sen temor algún á polémica que inciten. O propio título da súa obra, “Tanta tolerencia me está ofendiendo” xa se mostra como unha antesala do que se nos ven encima.

Mi exnovia pasó de no afeitarse las ingles a un día afeitarse todo el cuerpo. Algo bueno tenía que tener la quimioterapia”

Los prefijos son muy importantes. Por ejemplo, si una persona escribe «subrealista» ya sabes que es subnormal”

Por que nos empeñamos tanto en saber si hay vida en otros planetas cuando todavía no sabemos si hay vida en Ciudad Real?”

Mierda se me han dormido las piernas, ahora soy andaluz de cintura para abajo”

Estas veñen sendo unhas das perlas máis amenas do cómico, e se non me credes, invítovos a botarlle un exigua ollada ó seu historial, atopándonos, a maiores, faltas humorísticas á privacidade persoal.“Un chiste es un cortocircuito en el cerebro (…). Si algo es inesperado o la conexión de conceptos es ingeniosa, suele ser gracioso” alega Suárez. Segundo el, a súa “arte” alude a través do shock á reflexión e á crítica social. David Suárez é un claro exemplo de quen distingue o humor da realidade, pero peca doutro punto de igual importancia, non comprende a súa difusión tola, sobre todo por Twitter, plataforma onde se amosa moi activo. De feito, este mesmo comportamento causou o inevitable no medio dunha sociedade tremendamente sensible ó incorrecto. Fai poucos días, o artista foi despedido dos dous espazos de Prisa Radio nos que traballaba polo tsunami de críticas que recibiu vía Twitter, canle desde a que soltou semellante “bomba”: “El otro día me hicieron la mejor mamada de mi vida. El secreto fue que la chica usó muchas babas. Alguna ventaja tenía que tener el síndrome de down”. Pese a que comprime varias taras nunha soa frase, non creo que sexa a hecatombe da súa vulgaridade, senón unha arbitraria viralización, como a miúdo ocorre en España, en sintonía co fanatismo do politicamente correcto. No que realmente desentoo con el é na voz pública que lle dotou. Para o meu parecer, non é o mesmo un recinto cerrado, como pode ser un auditorio, onde é a persoa quen busca ese soliloquio do mal gusto, ca unha rede social. Neste horizonte, as túas palabras cobran vida propia, e rapidamente che son expropiadas da boca ante un sen fin de ollos vidrosos, pero sen desligarse da túa firma, e polo tanto da túa responsabilidade. Un, dous, tres… voilà! O dano descontrolado ponse á orde do día, e non só en colectivos anónimos, que en certa medida poden apoiarse entre eles, senón tamén no individuo, con nome e cara, converténdoo nun sector público. Isto re-alimenta novas bromas, varrendo a súa auto-estima ou nutrindo o seu enfado. Aparece entón a graza do “efecto dominó”, a mal-interpretación do chiste da paso a unha bola de neve de insultos entre usuarios, xa desligados do ton humorístico e impulsados polo anonimato e a intolerancia social. Benvidos ós xogos da fame!

Chegando ata estes recunchos, vexo oportuno propor outra cuestión. Podemos chegar a burlarnos de persoas públicas en espazos restrinxidos a este humor? É moral “triunfar” a costa de asoballar a un individuo escudándote no chiste? No caso de David Suárez atopámonos un continuo xogo de referencias, desde científicos como Stephen Hawkins ata políticos como Mariano Rajoy, ou mesmo o caso de Flipy, bastante curioso na miña opinión. Incluso chegou a publicar Agonía Infinita, unha recompilación “post-humorística” e socio-cultural cargada de ataques gratuítos a personaxes públicos.

É aquí onde damos paso ó meme como desagregación do humor negro. Neste sentido creo que é máis idóneo abrazarnos ó caso de MrGranBomba, maiormente coñecido como “Cara anchoa”, polo rebumbio que causou a súa cámara oculta. Fora da moralidade da súa broma, o que veño a relucir foi a posterior avalancha de memes ofensivos entre unha gran maioría de insultos. Buscaban a risa fácil e o seu momento de gloria, pero ante que…? Un grupo de amigos? Espero que ó menos foran os da Banda del Patio. Que paradoxo social, non? Explota en nome da defensa moral ante o insignificante fallo dun crío de 20 anos, pero a través dun mecanismo contraditorio, enfundado na vía do “sátiro-burlesco” que oculta un fío velenoso. A este rapaz comérono vivo á costa do humor, onde reside aí a graza/moralidade? En fin…. Antonios Recios gritando “Otra crisis solucionada por la administración Recio, ¡qué bueno soy y qué culito tengo! ”

De seguro que deixei atrás temas de igual incumbencia, para ilo necesitaría un libro non unha crítica. Pese a todo, creo que logrei plasmar o perigo do “post-humor” nunha sociedade polémica. O humor abarca TODO, pero non todas as DIRECCIÓNS.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s