Pensamiento/Sociología

Arte urbana como esencia

Desde o ano 2015 celébrase anualmente en Carballo o festival internacional de arte pública Rexenera Fest, que actúa como axente rehabilitador contra o feísmo urbano e utiliza as rúas da vila como un espazo de diálogo e expresión artística, constituíndo un museo ao aire libre.

Neste evento preténdese reunir artistas do mellor da escena galega, estatal e internacional do mundo da arte urbana, que plasmen o seu traballo de forma simultánea en diferentes localizacións do municipio.

Video-resumo do Rexenera Fest 2015

Aínda que este tipo de iniciativas non só as atopamos en Carballo, senón que na última década hai un gran auxe de festivais de arte pública promovidos polas administracións que buscan a rexeneración e o embelecemento dos espazos deteriorados como poden ser o Wool (Festival de Arte Urbana da Covilhã) ou o Festival Asalto (Festival Internacional de Arte Urbano de Zaragoza).

Esta idea de institucionalización do muralismo xerou unha gran polémica e logrou numerosos detractores no mundo da arte urbana, xa que os artistas urbanos consideran que se perde esa liberdade de expresión que presupón o seu anonimato dentro da ilegalidade intrínseca á arte urbana.

Tribu Humana de Jorit (Rexenera Fest, Carballo 2017)

Se pensamos nesa figura pública que busca unha foto que plasme o seu ego engrandecido e que, á súa vez, censura os contidos en favor de estéticas positivas coa única finalidade de que as obras murais contribúan ao embelecemento da vila; así é impensable apoiar estas iniciativas institucionais que se afastan totalmente da esencia da arte urbana, que coartan a liberdade de expresión e creativa dos artistas, e que utilizan a arte a favor dos seus intereses. Non obstante, tamén hai políticas culturais e artísticas que apostan por tratar aos artistas como un sector económico e promover a cultura e a arte como un factor fundamental na convivencia social.

Aínda así, é viable que se leven a cabo estas prácticas ou pérdese a esencia da arte urbana ao atoparse unha institución polo medio?

Está claro que o gran apoxeo das iniciativas de arte pública permite que nos atopemos ante dinámicas moi variadas con estratexias diferentes, máis ou menos acertadas, aquelas que interveñen demasiado no proxecto ou outras que se afastan para dar protagonismo aos creadores.

O Rexenera Fest é boa mostra de que é posible falar dunha arte pública mural promovida pola administración que, dentro do posible, se afasta da intervención municipal para non coartar a liberdade dos artistas.

Desta forma, as únicas condicións que teñen os artistas son que non poden ser obras racistas, xenófobas nin machistas, nin poden promover a guerra ou a violencia; sendo o resultado final unha sorpresa, tanto para a administración local como para a comunidade de propietarios do edificio. Pero non só hai unha liberdade temática senón que hai obras que encerran realidades e reflexións moi variadas. Neste tipo de intervencións urbanas, o espazo tamén ten un papel moi importante para os artistas e aínda que non hai unha total liberdade de elección para o posible emprazamento da obra, os propios artistas son os que elixen as paredes nas que pintar entre aqueles muros que son cedidos ao concello para tal uso.

“É mellor deixalos en paz e se hai algún problema estar aí pero senón… Se te implica demais… Temos que estar a unha distancia e iso en intervención municipal senta moi mal porque non se sabe se o festival é noso ou non pero ten que ser así, senón perde a esencia.”

Xosé Regueira, concelleiro de Carballo e promotor da iniciativa

Tomando este exemplo, vemos que arte urbana e administración son compatibles; non obstante, se atendemos a outros proxectos con maior intervención, seguro que arte urbana e administración se repelen como a auga e o aceite; polo tanto, a cuestión non é a viabilidade de manter a esencia da arte urbana nun proxecto institucional, senón a responsabilidade dos poderes políticos de utilizar a arte urbana entendendo a súa esencia.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s