Filosofía/Pensamiento

A necesaria creación antes da morte

Timelapse of the universe: a journey to the end of time é un peza audiovisual creada por John D. Boswell, un músico e director estadounidense que publica os seus traballos na plataforma de Youtube baixo o pseudónimo melodysheep. Esta peza trata de contarnos o futuro do noso universo coñecido, a partires do que a ciencia nos ven a dicir e das hipóteses que os diferentes científicos nos van deixando sobre a mesa. Unha desas hipóteses, a hipótese definitiva se queremos, é a que nos di que chegará un punto no que todo o universo quedará baleiro, morto. Nada sucederá nunca máis, e as dimensións de espazo e tempo terán desaparecido. Así é como remata esta peza, duns 30 minutos de duración. Se comezamos a ler os comentarios do vídeo, veremos que a maioría de eles fan referencia a unha “crise existencial” motivada pola peza e polo seu final desesperanzador. É interesante ver que, aínda que no vídeo se di que é moi probable que o ser humano desapareza nuns poucos miles de anos, o que lle preocupa ao espectador é a fin de todas as cousas, a imposibilidade de que a vida en si mesma siga existindo. Un mundo no que a relixión nos mantiña afastados de esa verdade, destruído por un grupo de científicos e divulgadores. Disidentes. Nietzschianos.

Este sentimento que se pode ver nos comentarios despertoume unha pregunta: Nun mundo condenado a desaparecer, para que crear arte? Unha raza que está condenada a desaparecer, que necesidade ten de deixar os seus vestixios artísticos ás novas xeracións? Estas cuestións seméllanme incluso máis pertinentes, nun mundo no que o museo e a arte se ven coma un activo turístico, non histórico. Entón, para que investir tempo e recursos na creación artística? ¿Para nós ou para o futuro? Para o futuro semella unha perda de tempo, e máis cando xa dixemos que no futuro estamos condenados a desaparecer. Nós e as nosas creacións.

Acontecementos recentes poñen en dúbida os nosos esforzos por conservar o noso pasado: un conflito sen control e sen moral pode destruír as ruínas romanas da cidade de Palmira, un incendio repentino destruirá o teito gótico da Catedral de Notre-Dame de París, o abandono e desinterese fixeron que un tractor destruíra os petroglifos de Campo Lameiro, algo que no pasaría non Pórtico da Gloria, porque iso da cartos. Nós mesmos, como sociedade, estamos a ver como moitos conxuntos artísticos desaparecen co tempo, co esquecemento da sociedade. Como desaparece o imperio de Ozymandias no poema de Percy Bysshe Shelley. Pode que a iso se rebaixe a existencia do ser humano: a un mundo no que permanecen as súas creacións artísticas pero que non haxa ninguén para admiralas, nin para aprender do seu pasado.

Entón, ante todas esas premisas, para que crear arte? Pois a resposta simple é: para o mesmo que creamos o resto das cousas. Se estamos condenados a desaparecer, como se di na cinta de melodysheep, o mesmo nos da pintar un cadro que non pintalo. Aínda mais, non pintalo axudará a que non sexamos quen de satisfacer a nosa necesidade de crear, se vamos a desaparecer, ben podemos desfrutar o tempo que esteamos presentes. É unha solución bastante hedonista, certo é. Pero semella bastante absurdo ver un vídeo que nos xera unha crise existencial e encerrarnos o resto do tempo esperando a que alguén veña a arranxar este asunto. Penso que a renuncia a seguir creando arte por parte do ser humano é a plasmación definitiva do seu fracaso, o abandono de algo que nos fai o que somos achéganos máis ao plano da irracionalidade, a un animal máis que a un ser racional. Ademais, se nos vamos a poñer nihilistas sobre o noso futuro, máis nos vale abandonar a idea de que un Deus nos levará á vida eterna, e aceptar que este mundo supón toda a eternidade a que temos dereito e vivila como tal. Como dixo o científico Peter Medawar:

“The bells which toll for mankind are—most of them, anyway—like the bells of Alpine cattle; they are attached to our own necks, and it must be our fault if they do not make a cheerful and harmonious sound.”

Blade Runner Roy Batty GIF - Find & Share on GIPHY

Poreino en términos cinematográficos. Podemos vernos na pel do replicante Roy Batty, de Blade Runner, cando di que “Todos estes recordos se perderán no tempo, como lágrimas na choiva”. Ou podemos ser o Marty de True Detective, escoitando a Rust divagando sobre a súa existencia consciente cando conclúe “Estas mirando ao ceo equivocado, Marty. Ao principio todo era escuridade. Polo que a min me parece, a luz está gañando”.

Captura de pantalla 2019-05-05 a las 23.47.29

Nope

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s