Cine/Imagen/Otros

“Bear”. Un corpo que ama e un corpo que oprime.

maxresdefault

Fotograma  de Bear con Steve McQueen e Vernon Douglas (1993)

Bear (1993) de Steve McQueen é unha das primeiras curtametraxes do aclamado director inglés, unha carta de presentación da súa época de estudante, de novo artista no panorama de videocreadores londinienses. A cinta, que dura uns 10 minutos, está protagonizada por dous homes espidos (un deles o propio McQueen), que camiñan en círculos e se observan, acarícianse e enrédanse nunha longa loita de corpo a corpo, nun traballo que se encontra entre o feroz e o romántico. A película pódese ver nunha das salas da Tate Gallery de Londres, nunha proxección que ocupa toda unha parede e que trata de introducir ao espectador na acción que estamos a ver. Pero estes dous homes, están loitando ou estanse cortexando? Representan unha relación intensa ou un odio profundo?

Estas son algunhas das cuestións que a peza desperta en nós, e son tamén algunhas das cuestións coas que o director xogará ao longo da súa carreira. E é que a McQueen interésalle como a ningún outro o estudo do corpo nos seus filmes, a súa representación, o uso que facemos del e o que este comunica (falamos aquí do corpo espido). Así o podemos ver en traballos como Hunger (Hunger, 2008), onde o corpo é unha arma e un elemento de control; en Shame (Shame, 2011), onde o corpo representa a adicción e a falta de control; ou na máis recente 12 Years a Slave (12 anos de escravitude, 2013), onde un corpo toma o control doutro e se ensaña coa súa diferencia.

A traxectoria fílmica de McQueen conta con moitos exemplos nos que se mira ao corpo como algo máis, e se trata de contar a historia co corpo e non  a pesares del. Pero é ben sabido que un corpo espido será sempre o mellor elemento para a polémica na arte, neste século XXI, no que seguimos a cuestionar a liberdade de uso e expresión do corpo humano. Pode que sexa por iso polo que McQueen me parece tan necesario no noso tempo, por esa aproximación case académica ao estudo do corpo.

678f8b6f8cd496d778b1a08256261403

Michael Fassbender en Hunger (2011). 

Na sociedade das redes sociais o corpo segue a ser un elemento tabú, por amosalo ou por non facelo, que e como se amosa, quen ensina o seu corpo espido e un sen fin de condicionantes que poden facer que a máquina censora elimine ou non certo contido. Hai pouco, no Museo de Serralves asistimos ao espectáculo da dimisión de João Ribas, director da Fundación Serralves, pola programación dunha retrospectiva sobre o fotógrafo Mapplethorpe e as súas diferencias co padroado “pola dimensión provocativa e o carácter eventualmente chocante da sexualidade” da mostra. A propia película Shame de McQueen chegou a sufrir a censura da publicidade durante a súa promoción. E nun ámbito máis próximo, xa se está a converter en rutina a loita nas redes entre partidarios e detractores da presentadora de televisión Cristina Pedroche cando chega o momento das badaladas de fin de ano, xerando debates sen contido nos que se mistura auga con aceite.

Mentres que as redes ferven cos debates sobre o censurable ou non censurable, o certo é que o corpo espido, o feminino para ser máis exactos, se está a empregar como última conquista do capital, chegando a monetizalo, a imaxe da Venus está en venda. Pero isto non é algo que vexamos soamente nas redes sociais, aínda que si é o lugar no que máis acendido está o debate. Xa para ir rematando, mentres que a moral occidental se escandaliza polas mostras fotográficas de Mapplethorpe, por unha película que conta a vida dun adicto sexual ou polo que se pode compartir nas redes sociais; a industria pornográfica (excesivo me parece acusala de ser cine) segue a ser unha das industrias que máis diñeiro move en 2019. Con todo, non vemos que se xere un escándalo social por títulos e actitudes vexatorias, por referencias á muller como “puta” ou pola súa explotación dentro da industria, e a moral aquí é moito máis cuestionable que o que fai McQueen ou João Ribas.

Mentres que os artistas estudan o corpo, a industria véndeo sen que ninguén se rache as vestiduras. De novo, un corpo que ama e un corpo que oprime.

Aquí podedes ver unha charla do director Steve McQueen con Stuart Comer, comisario do MoMA, onde falan en profundidade da visión do artista sobre o corpo e o seu cine.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s