Artes figurativas/Imagen

O universo musical de Andrés Gaos

Andrés Gaos naceu na cidade de A Coruña en 1874 e desde moi novo mostrou grandes aptitudes como músico, que o levaron a viaxar por toda Europa e América, onde se asentou definitivamente. Foi unha figura moi relevante no panorama musical nacional e internacional, e aínda que habitualmente se presenta como violinista, este artista non só foi intérprete, senón que tamén teñen unha gran relevancia as súas facetas como compositor, docente e director.

Con motivo do Ano Gaos e desde o pasado 2 de abril, o Pazo de Fonseca acolle nas súas salas de exposicións a mostra “O universo musical de Andrés Gaos (1874-1959)”, que durará ata o 31 de maio. Ao redor da intensa e interesante vida do artista coruñés desenvólvese esta exposición que abre as portas ao público coa finalidade de dar a coñecer esta destacada e descoñecida figura no panorama musical nacional e internacional.

Os comisarios desta exposición, Montserrat Capelán e Javier Garbayo, utilizan o legado que a familia do músico depositou na Biblioteca América da USC no ano 2017, para contribuír á divulgación deste gran descoñecido do século XX. E fano dunha forma moi coidadosa, onde ningún detalle queda en mans da sorte ou do azar.

Programas, cartas, fotografías, críticas, partituras e documentación persoal son as pezas fundamentais desta mostra, que se complementan á perfección coas salas, establecendo un diálogo harmónico coa potencia visual do espazo expositivo, sen que a propia arquitectura eclipse a importancia da exposición.

De feito, a primeira impresión que recibimos ao achegarnos ao Colexio de Fonseca é a dun ambiente confortable e de gran atractivo visual, que se ve  potenciado, non só polo contraste das cores vermella e branca que rompen coa monotonía dos espazos monocromáticos, senón tamén polo xogo entre a iluminación das vitrinas e a do ambiente; mesturando en todo momento os contrastes entre frío e quente, e facendo unha chiscadela á personalidade, tranquila pero apaixonada, coidadosa e inquieta de Gaos.

A este primeiro impacto tamén contribúe o deseño e a posta en escena, que conta cunha estruturación sinxela dividida en diferentes temáticas. Todo este conxunto transpórtanos ao pos-romanticismo dos seus temas e convídannos a entrar na sala e pararnos en cada un dos detalles deste achegamento e reivindicación da historia musical galega e da vida do artista.

Sen dúbida, esta exposición funciona como un elemento de divulgación e convídanos a reflexionar ao redor dunha figura esquecida no tempo.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s