Otros

Once Upon a Time

Once Upon a Time tratase dun novo proxecto da artista galega Marta López López, coñecida artisticamente como Marta Bran. Presentado no espazo de exhibición artística Zona “C”, en Santiago de Compostela. Nel, Marta introdúcenos no seu estudo ó tempo que nos amosa varias pezas en diferentes estados de resolución, invitándonos a indagar nos seus procesos de creación. Enfrontámonos o concepto de pintura expandida.

Once Upon a Time, Bonaval Zona “C”, 2017.

¿Pintura expandida? Estou a falar dunha nova maneira de concibir o formato artístico mais tradicional e fetiche[1], a pintura. Unha maneira que axunta diversas disciplinas como a fotografía, a construción tridimensional, ou mesmo o vídeo. Onde interveñen para dar orixe a obras que escapan da concepción tradicional, mudándose o espazo do espectador, onde poden ofertar outras posibilidades plásticas –na cor, forma, textura, etc.– a par que nos amosan as calidades dos novos soportes: espacial, audiovisual ou virtual. Ademais, introduce o espectador na obra, convertendo a narración en acción, e o recorrido, nun labirinto sen principio nin fin –rompendo coa tradicional lectura lineal–, onde é cativado polas posibilidades expresivas que ofrece a conxunción de son, imaxe e movemento.

Estes son os termos e os medios nos que se move a moza artista melidense para evocarnos sensacións da súa nenez, microrrelatos que vertebra a súa obra dende o inicio. Neste caso, introdúcenos nun escenario que evoca as súas vacacións de verano de rapariga. Cando ía a aldea. Onde se mancaba e ensuciaba, por exemplo, xogando as agachadas, nunha paisaxe rural que a tentaba e seducía con toda clase de aventuras e misterios. Marta recrea unha sorte de paisaxe surrealista evocando esta atmosfera.

Un exemplo tanxible disto é a paisaxe fragmentaria formada por anacos de miolo de pan –feitos en cerámica– ciscados pola parede e o chan, onde podemos albiscar un muíño, un bosque, un pato de goma; cos que Marta tenta que nos identifiquemos, os fagamos nosos, e nos transportemos dentro da obra.

Se indagamos mais a fondo, entendemos que esta obra é unha extensión dunha obra anterior, Picnic, que fusionaba un recordo de cando era pequena con evocacións a artistas do pasado. Retratos con elementos vexetais, o estilo Arcimboldo, ou un almorzo campestre, aludindo a Manet.

Nesta ocasión, facendo un símil co famoso conto dos irmáns Grimm, Marta vainos deixando migallas de pan que nos van conducindo a través da súa obra, visitando a Paolo Uccello e o movemento das súas personaxes na Caza nocturna. A Klimt, e os seus Bosques de bidueiros. Botticceli e o preciosismo no tratamento dos seus bosques. Ou mesmo a Amazona de Magritte, que xoga connosco, amosándose e agochándose. Todo complementado coas brillantes cores dos artistas naif. Unha constante na súa obra.

Marta estase a fixar nos artistas do pasado. Unha constante na historia da arte. Isto quere dicir, que todos os artistas que conforman a nosa historia se viron influenciados pola corrente ortodoxa que se estaba a barallar no momento. Reaccionando contra ela, ou adoptándoa (ou ambas). Nacendo a necesidade de novas fontes de inspiración, que moitas veces xurdían mirando o pasado. Esclarecedor é o exemplo de Gustav Klimt, o cal vai ir rexeitando o naturalismo dos seus inicios polo desenvolvemento de motivos simbólicos ou abstractos, resultado da influencia das Vangardas. Coñecido polo seu estilo ecléctico, toma referencias do antigo Exipto, a cultura Micénica, a Grecia clásica, a Idade Media ou o Xapón. Vemos que a proposta de Marta non aporta nada novo neste aspecto. Pola contra, si que resulta orixinal a mestura concreta de movementos e alusións que fai, a súa temática e a reflexión que acada.

Como vimos antes, as obras nas que se inspira referencian a natureza. Temos a Caza nocturna de Ucello, os bosques de Klimt e Boticelli e mais a Amazona de Magritte. Marta tráenos estes temas para evocar as aventuras da súa nenez. A exploración e curiosidade que lle suscitaban aquelas paisaxes e corredoiras. Tamén recupera as cores dos naif, reforzando esta carácter infantil e inxenuo da súa representación.

Evócanos a vida de cando eramos raparigos, lonxe das preocupacións da idade. Unha etapa na que non contabilizamos o tempo. Na que todo era novo, un descubrimento constante cun compoñente máxico moi forte (solo temos facer memoria e recordar algunha vivencia de cando eramos pequenos, co corazón a mil, e coa única fascinación de estar saíndo do habitual, da rutina. Inda que fose algo tan trivial como ir dar unha volta o monte). Onde non nos importaba deternos todo o día na actividade mais trivial e desinteresada do mundo.

Isto leva a Marta a amosarnos a finalidade da súa obra, amosarnos os seus tempos de creación, pausados, lentos, onde se entretén co cotián. Que a retrotrae a ese mundo da nenez, e irremediablemente sente a necesidade de comparalo co mundo adulto. Un mundo adulto cheo de preocupacións, incertezas. Cun ritmo de vida acelerado, impasible, que nos fai vivir para traballar en vez de traballar para vivir, onde a finalidade é a de ser unha simple peza de recambio para aqueles que controlan os medios de produción. Onde os compoñentes máxicos da nosa infancia vense esnaquizados. Onde a tranquilidade e desinterese do neno trócanse en inquietude e ansiedade.

Tampouco neste caso se trata dunha reflexión inédita, mais ben tópica, pero nos tempos que corren mais actual ca nunca. Pon de relevo as horribles incoherencias da sociedade na que vivimos, a falta de empatía, e a cada vez menos capacidade de reflexión ante a sociedade do espectáculo na que vivimos. Por iso Marta nos introduce na súa obra, buscando que tomemos con calma o momento, vaiamos explorando e recuperemos a noción do tempo entre tanta presa.

En definitiva, a obra de Marta resúltame suxerinte, e a súa evolución interesante. A pesar da pouca orixinalidade dalgunhas premisas, Marta apropiase delas dunha maneira moi particular e orixinal, resultando un prometedor comezo. Entre tanto, recrearse no día a día e gozar dos pequenos detalles, paréceme unha boa maneira de matar o tempo ata que o tempo nos mate a nos.


[1] Fetiche referido o status social que a pintura tivo e ten historicamente.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s