Artes figurativas

A arte das tatuaxes

A arte contemporánea camiña por sendeiros impensables fai apenas unhas décadas. De todas as novas formas de realizar arte, o body art é quizais, baixo o meu punto de vista, o máis destacado aínda que non o máis sorprendente se temos en conta que moitas culturas ancestrais xa decoraban os seus corpos para a celebración de rituais e outros eventos significativos. Unha das características desta nova arte, ademais da utilización do corpo como base para a realización dunha obra artística, é a escasa duración que ten no tempo, a importancia radica no momento, son performances que carecen de duración e das que so nos queda o recordo a través de vídeos e fotografías. Tendo isto en conta non poderiamos considerar as tatuaxes como body art, pero salvando a cuestión do tempo, poderiamos consideralas arte?

Acerca desta cuestión, das tatuaxes como arte ou non, hai un debate moi estendido e, como sucede na maioría dos casos, non hai unha resposta común. Moitas persoas ou culturas si as consideran arte, mentres que, pola contra, hai moitas outras que as aborrecen e o ven como un símbolo de profanación do corpo. O que sabemos con seguridade é que as tatuaxes, aínda que hoxe sexan algo totalmente estendido, remóntase a moitos séculos de antigüidade e xa estaban presentes en culturas como a exipcia ou nas tribos africanas e da Polinesia; co cal podemos desbotar unha das ideas máis comúns que hai acerca das mesmas, a de que tan so é unha moda pasaxeira que irrompeu con moita forza fai uns anos. Hoxe en día xa non son símbolos dun grupo ou ideoloxía, algo que os diferenza, senón que pola contra calquera persoa pode utilizar este medio como modo de expresión, como forma de decorar o seu corpo.  Polo tanto, e tendo en conta as diferentes opinións, non foi a sociedade actual a primeira en consideralas arte, senón que se remonta a moitos miles de anos atrás, a civilizacións moi antigas.

Persoalmente considero que as tatuaxes si son un medio de expresión artística e que como pasa con toda arte, é algo totalmente subxectivo, é dicir, pódenche gustar ou non. Pero realmente, en que se diferenza unha tatuaxe dunha pintura? O único que cambia é o material empregado, e sobre todo, o máis controvertido é o soporte, en vez de ser un lenzo é o propio corpo. Pero tendo isto en conta, onde se atopan despois esas grandes diferenzas?tattoos

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s