Otros

Rompeu o amor de tanto usalo.

O único que fai emocionante o matrimonio é a infidelidade.

Oscar Wilde.

Cando pensamos en“infidelidade” parece que se nos acende unha luz de alarma no cerebro que nos induce a pensar todo o negro que envolve este termo, pois é coma un desestabilizador emocional, unha posible ameaza para a estrutura familiar. E a realidade é que  acostumamos ver case sempre da mesma maneira ós integrantes da aventura amorosa:  á esposa enganada con pena, ó marido coma un home sen escrúpulos e sen compaixón (outras veces, coma un trunfador) e á amante coma unha calquera. O certo é que sinto mágoa polos tres casos. A primeira por ser a clara enganada por ese home que supostamente se comprometeu a non facelo. O segundo porque é totalmente dependente de ambas mulleres, a esposa coa que formou a vida e coa que está plenamente acomodado, e a amante coa que mantén unha relación de complicidade, diversión, emoción que lle costa moito abandonar. E no último posto, como é habitual, temos á rompematrimonios, á “outra”, á fresca, á prexuzgada, á esquecida, á amante. É pois esta á que vou adicarlle algo máis de tempo.

Estamos acostumados a desprezar á figura da amante, precisamente por ser a outra, a que está fóra, a que non interesa para nada máis que para crucificar.  Pero esa outra pode ser túa nai, túa irmá, túa tía, ou ti mesma.

Distingo dous tipos de amantes en relación a dous tipos de amor, as que se namoran (amor sólido, romántico) e as que non (amor líquido, Zigmunt Bauman). Ambas, supoñemos, aceptan estar nun segundo plano e na clandestinidade, pero unha sofre e a outra disfrútao.

A que sofre faino porque o quere e porque quere. Case podería ser unha especie de masoquismo, pois deixouse namorar por aquel que só a utilizaba. Pode sentirse frustrada por carecer de dereitos a redor da súa vida, non camiñarán xuntos da man, non irán o cine, e os seu lugar sempre será secundario publicamente … Este é un espazo desesperante para aquela namorada que aspira a algo máis.Esta é a que cree no amor romántico, baseado no tempo de duración que, implica unha serie de esforzos, compromisos e toma de decisión para mantelo firme, sólido.

A cuestión é, como pode  confiar a amante no home que engana á súa parella? Acaso cree que será diferente con ela? JA!

Na outra banda, distinguimamor-liquido-1024x685os á non namorada, á que é consciente do que quere facer, que é divertirse, afastándose de calquera tipo de compromiso e de debilidade. Ésta, considero, é produto do avance da muller na sociedade, aínda que hai moito que percorrer, xa non ten que sentirse puta, senón libre de utilizar a súa sexualidade como decida, cando decida e con quen decida.

Aquí, introduzo o que podería denominarse amor líquido, termo sobre o que traballa Zigmunt Bauman. Pode que ó tratar sobre este termo, Bauman plantexe a opción de que antes se amaba mellor, mais eu considero que non se trata de amar mellor ou peor, senón diferente.

Coma todo, o amor tamén ten que avanzar, e isto non implica que o amor tradicional, baseado na vontade, solidariedade e compromiso, de súpeto, deixe de existir, pero si que debemos ter en conta que este amor xa non vive só, senón que convive co amor líquido, que é un tipo de reacción contra o establecido, contra o sufrimento amoroso.

Este amor líquido vai en sintonía coa sociedade actual, sempre buscamos a opción máis fácil, que nos evite complicacións e nos faga a vida máis cómoda a base de consumo, e se o que consumimos non é do noso agrado ou é defectuoso, o único que debemos facer é devolvelo, ou a caso temos a obriga ou o deber de manter algo que non nos interesa? Non, xa non. É por iso que atopo un claro paralelismo con estas relacións, que non deixan de ser un entretemento para obter pracer e satisfacción inmediata “consumindo” persoas.

O manexo deste amor líquido vai en base a non ter nin debilidade nin dependencia do amor, entre sentir atracción e é vez indiferencia, queremos sentirnos plenos, pero non agobiados, amados pero non obrigados. Queremos saír ilesos da experiencia e que non queden secuelas.

Este modo de amar é o que vai perdurar no tempo, pois o amor tal e como o entendemos ata agora, está destinado ó fracaso, precisamente porque temos demasiado medo a fracasar.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s