Imagen/Pensamiento

“Guerrilla Girls” e a eterna patriarcalización da arte.

A muller artista ten o camiño complicado, é un problema real. En ARCO 2014 participaron 324 mulleres do total de 1400, ó tempo que conforman nas carreiras de Belas Artes un 65% do alumnado e un 74% en Historia da Arte. Algo pasa. Sorprende que Juana de Aizpuru, unha das máis prestixiosas galeristas españolas, afirme o seguinte: “Si una chica me dice que no la exponen porque es mujer, no me lo creo. A lo mejor es que su obra no gusta y no quiere aceptarlo, pero no es una cuestión de discriminación. ¿Para qué vamos a inventarnos un problema que no existe?”. Mentres que para Aizpuro non existe (quizais non exista na súa galería) as Guerrilla Girls levan dende o 1985 loitando contra a desigualdade da muller no mercado da arte, querendo dinamitar, dende un comezo, o concepto de “muller artista” como subcategoría, “son artistas que resulta que son mulleres”, defende unha das integrantes, Linda Nochlin.

Non se pode negar que esteamos nunha situación de prehistórica desigualdade (aínda que intúo que nas cavernas existía máis igualdade que hoxe). A artista fica enclaustrada na choiva de estereotipos: que si sensible, maternal, feminina, masculina, rebelde sen causa, etc. Quizais nun pasado ancestral se celebrou unha reunión de machos alfa ca fin de configurar unha lista (provisional, antes non podiamos pintar agora xa sí) de atributos limitados e carcerarios aplicables á condición de ser muller no mundo (occidental). Tras séculos de macro e micro xuízos (nivel cidadán e nivel doméstico) a hipermodernidade actual non quere queimar a lista. Será esta, entón, a que despraza á artista do museo. É curioso que boa parte da eliteGIRLS3 museística contemporánea estea conformada por unha equipo masculino moi moderno, homes hipermodernos que soen vangloriarse da súa condición de radical e extravagante actualización cultural ó tempo que debuxan un panorama artístico no cal a artista non é como o artista. Evidente desigualdade palpable en cifras, e que provoca, tristemente, que as Guerrilla Girls celebrasen este ano o seu 30 aniversario de loita. Loita por reescribir unha nova herstory, indignante eterno intento por voltear o asunto. Debe de ser “a lista” dun bo material porque non somos capaces de rompela. Ante a traxedia, ironía; traxicomedia como filosofía de actuación caracteriza a este colectivo, que no 1988 emite:

“Algunas ventajas de ser una mujer artista”.

trabajar sin la presión del éxito

no tener que compartir exposiciones con hombres

tener una vía de escape del mundo del arte gracias a tus otros cuatro trabajos como autónoma

saber que tu carrera recibirá un impulso después de cumplir los ochenta

estar completamente segura de que cualquier tipo de arte que hagas se etiquetará como femenino

no estancarte en una plaza docente en propiedad

ver tus ideas vivir en la obra de otros

tener la oportunidad de escoger entre tu carrera y la maternidad

estar incluida en las versiones revisadas de la historia del arte

no tener que pasar por el puro de que te consideren un genio

Como anónimo colectivo cabe recalcar a súa única dirección práctica: o museo. Materializan un feminismo de museo que, eventualmente, amplían en protesta, por exemplo, da hipersexualización da muller na estética do videoclip actual ou da patriarcalización (e racismo) presente nos hollywodienses Premios Óscar; polo que ainda que se focalice na vida museística estase tratando unha cuestión que tinta todo o texido sociocultural. As Guerrilla Girls como constantes gladiadoras na batalla non dan obtivo vitoria. Nunha marxe de trinta anos os números non mudan, inmóviles fósiles que reflicten, aínda que Aizpuru insista no contrario, unha crúa realidade. Pode que os medios ou mecanismos do colectivo non sexan os adecuados, non son efectivos, ou quizais a sociedade está demasiado enferma para cambiar, non o sei. Pode que presenciemos un futuro auxe da muller artista, tanto por xusto GIRLS 4dereito natural ou polo carácter dinámico das modas, pero semella que as Guerrilla teñen por diante moito que berrar. Ademais, a solución non está só nas mans do galerista hipermoderno, se non na raíz mesma do negocio da arte, así como afirma unha das compoñentes Kathe Kollwitz:

“Los coleccionistas millonarios controlan el mundo del arte, quién expone y quién no. Todo tiene que ser vendible. Y, por desgracia, ellos, con su limitado criterio, son los que están determinando qué obras de artistas actuales se preservarán para el futuro.”
Tras a retrospectiva en MATADERO (Madrid) neste ano da alongada traxectoria do grupo, desdebúxase un recoñecemento xa internacional, que, por certo, en EEUU aínda non se sente. Vistas como feminazis no contexto norteamericano, os museos aínda non se estremecen demasiado coa crítica guerrilleira.
Enmascaradas con caras de gorila (símbolo ridiculizado do “supermacho”) e tras nomes de xeniales artistas mulleres da historia, as Guerrilla Girls son a voz que, no mundo a arte, sobrevive ó grito contra un sistema inmunemente patriarcalizado, onde “a culpa” parece estar dispersa, aínda que cando lle preguntan a Frida Kahlo (guerrilla girl) “¿cuáles son los principales factores por los que las mujeres no entran en los museos si no están desnudas?”, contesta taxantemente: ¡Los hombres!

GIRLS2

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s