Otros

O FATUM DO FADO.

O fado, porém, não é alegre nem triste. É um episódio de intervalo. Formou-o a alma
portuguesa quando não existia e desejava tudo sem ter força para o desejar […]
O fado é o cansaço da alma forte, o olhar de desprezo de Portugal ao Deus em que creu
e também o abandonou.

Fernando Pessoa.

Imaxinemos que queremos planificar unha viaxe á bela e misteriosa cidade de Lisboa. É moi probable que unha das primeiras cousas que se nos pase pola cabeza, ademais da Praça do Comércio e dos pasteis de nata de Belem, sexa o feito de poder escoitar fado ó vivo. É pois unha delicia poder disfrutar desta tradición tan propia e tan pura que, Lisboa-2_Camino-Portugues_Camino-de-Santiago_SantiagoWays.com_podería chegar a corromperse no momento no que se promove a cultura do fado coma un boom de atracción turística, xa que aparece coma unha das opcións innegociables á hora de visitar a cidade.

O dito fado “típico” é hoxe en día cantado principalmente para turistas nas “casas de fado” con acompañamento tradicional. É preciso resaltar entre aspas o termo Casas de Fado, porque agora son diferentes ás que xurdiron nun principio, pois aparecen nunha época de ouro do fado, onde os cantantes e músicos saen dos recunchos nos que acostumaban tocar  para brillar nos palcos de teatro, no cine e para ser escoitados na radio. Será nestas casas onde se produzan o lanzamento do artista de fado profesional.

Agora, as casas de fado son restaurantes dos barrios antigos de Lisboa (Bairro Alto, Alfama, Lapa…) que acostuman abrir só polas noites. Despois da cea pódese disfrutar dun ambiente íntimo e case perfecto escoitando as doces voces dos fadistas. Desde logo, é algo totalmente característico e único que distingue a cidade, e pode ser por iso que o reclamo FADO IMAXEturístico sexa maior.

O problema, considero, ven cando ese reclamo obtén unha resposta de oferta moi ampla. Pois  esa calidade que nun primeiro momento podemos esperar dunha casa de fado, pode minguar, ou verse adulterada polo exceso.  Pois cando se produce un abuso de oferta, sexa da índole que sexa, perde todo o seu carácter,  aquilo que o facía único, podendo chegar incluso a hastiar, ou a que se poida menosprezar este fermosísimo padecer que é o fado.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s