Otros

As posibilidades da experiencia: tecnoloxía e arte

Ao longo do século XX, sobre todo a partir dos traballos de Duchamp e os dadaístas, as formas e concepcións artísticas fóronse diversificando e abrindo novos camiños. Co desenvolvemento da tecnoloxía a arte recorrería a ela xa dende os comezos do cine e cada vez máis dando lugar á videoarte e tendo moita relevancia tamén en outras mostras como a arte conceptual ou as performance. Un titular de El País sinalaba con respecto á última feira de ARCO: “El arte electrónico se normaliza”. Pero se ben a tecnoloxía, primeiro analóxica, agora dixital se foi integrando masivamente na vida cotiá das persoas este tipo de arte, a pesar de si ter máis relevancia, non é o máis coñecido. Probablemente, xunto co esforzo de moitos artistas que buscaron expandir as concepcións da arte, ese feito de habituación tecnolóxica sexa o que en gran medida faga que non chame a atención.

 
ARCO crearía no 1987 un espazo específico como labor de promoción destas novas expresións creativas, VideoArco, que pecharía no 2010 dando por cumprida a súa tarefa. Mostra disto serían as 70 obras que se presentaron ao premio ARCOmadrid/BEEP, que se outorga ás obras de arte electrónico. A gañadora deste ano foi M3X3, de Analiria Cordeiro. Unha obra que data de 1973 e está considerada como a primeira obra de videoarte brasileira. Pero, estéase acomodando a arte aos espazos reservados habitualmente ás mostras máis tradicionais, como as feiras, galerías e museos, o certo é que segue dando pé a comentarios do estilo do titular. O entusiasmo de moitos polas novas formas de difusión tecnolóxica vinculadas á arte amosan tamén estas mostras artísticas seguen chamando a atención ca forza da novidade.

 

Co cal este ambiente da pé a unha pequena reflexión a partir dunha imaxe contemporánea do antigo xenio maligno que atormentaba a Descartes. Trátase do experimento mental do cerebro nunha cubeta. Supóñase que un científico malvado lle extrae o cerebro a unha persoa e o mete nunha cubeta con líquido conseguíndoo manter vivo. Entón, neste estado, conectaría as súas vías aferentes a un ordenador que computaría unha serie de programas que o estimularían ao transmitirlle impulsos eléctricos, os cales equivalerían aos que recibiría en estado normal (está claro que isto está lonxe de poder facerse, polo menos actualmente). Un non podería saber que é un cerebro enlatado a partir das súas experiencias, do tipo que fosen. Pareceríalle estar facendo calquera cousa que faría habitualmente.


Pois ben, a partir disto poderíase pasar a facer certas reflexións sobre a experiencia artística (que por outra parte non son do máis novidoso) e as vías que hipoteticamente podería abrir a tecnoloxía. A partir da situación citada un poderíase imaxinar visitando Grecia, a Acrópole, o Partenón… En París, entrando no Louvre e pintándolle un bigote á Mona Lisa. Todo sen moverse da casa (ou da cubeta). Pero, ¿poderíase dicir que isto sería o mesmo que ter as obras, calquera, ante os ollos, en contacto cas mans, cos oídos…? (a situación estaría perfectamente simulada, todo pequeno detalle, olores, sons… e tamén se podería facer o mesmo ca viaxe ata o lugar). ¿Acaso non importa a creación material (manual ou industrial xa no século pasado) á que tanto se vinculou o traballo dos artistas? ¿Sería a arte un mero proxecto que non se leva á práctica? Tamén é posible que se abrira un camiño cara novas formas de experiencia fascinantes.

 
Todas estas son moitas preguntas (que se poden realizar dende outras consideracións filosóficas, como as idealistas) que están ben así.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s