Literatura/Otros

Cara un mundo feliz

Un mundo feliz é unha novela do escritor británico Aldous Huxley publicada no ano 1932. É unha lectura apaixonante, na que o autor daba unha visión utópica dunha sociedade futura dominada polos totalitarismos e na que a tecnoloxía xogaría un papel fundamental, posto que é o medio principal para conseguir o control.

Nese mundo “feliz” prescíndese da familia, de todos os lazos emocionais e afectivos que poidan dificultar ese control. Pola contra, os seres humanos son concibidos xeneticamente e están predestinados antes de vir ao mundo. Estes manteranse permanentemente ocupados co seu traballo, o que os enche de satisfacción, e así poder evitar que pensen demasiado. Terán tamén os seus momentos de ocio que está baseado no consumo. Outra forma de control reflectida na novela son as drogas, o que se denomina soma, e que o estado lles proporciona. Para acadar esa “felicidade” prescíndese da relixión, da arte, da historia, da literatura…en favor da música sintética e da televisión. En definitiva, podemos dicir que é un mundo que está condicionado pola manipulación xenética que utilizan os gobernantes para acadar os seus fins.

No momento no que esta novela foi publicada a sociedade que nela se reflicte era totalmente utópica, a tecnoloxía aínda non estaba desenrolada e era impensable que un ser humano fose concibido de forma xenética, pero os avances actuais véñennos demostrando dende xa fai uns anos que non é algo imposible, como nese momento se podía pensar. Na novela, os nenos estaban perfectamente deseñados para encaixar nunha das cinco clases sociais existentes, pero actualmente vemos que iso máis que unha utopía é unha realidade posto que os “nenos á carta” están tomando cada vez máis forza. Actualmente é posible seleccionar xeneticamente o sexo do bebé ou incluso o seu color de pelo, ollos ou pel. Fai apenas uns días que saltou aos medios de comunicación unha noticia sobre unha clínica estadounidense que ofrecía este tipo de servizos, como é obvio, as críticas non se fixeron esperar, pero é un exemplo de que a utopía se converteu en realidade.

Como dicía o propio Huxley nun ensaio do ano 1961 “As profecías que fago neste libro van ser algo real moito antes do que eu cría”.

Creo que a tecnoloxía é moi importante, á vista está que posibilitou grandes avances, sobre todo no campo da ciencia, pero é unha arma de dobre fío que pode ser tan útil como perigosa.

imagen

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s