Cine/Pensamiento

Parafraseando a Galeano. “Puro Vicio”.

Unha praia californiana con voz en off, Joaquin Phoenix recostado nun sofá de coiro granate nunha pequena casa empapelada con motivos xeométricos, unha boa melena hippie e barba irregular, camisa aberta e porro en man. Así comeza o filme Inherent Vice de Paul Thomas Anderson (que se pode ver actualmente en Numax), un exótico retrato da California dos setenta.

Tramas absurdas, un policía enfermizo, o misterio da mafia, historias de amor, dentistas, rebeldía, construccións, drogas, barcos e pes descalzos. Un conglomerado incoherente e atractivo adentra ó espectador, a través da ironía do absurdo, nese ambiente frenético dunha California consumida, espello do fracaso dun Estados Unidos da Guerra de Vietnam, dun conservadorismo salvaxe e megalómano conquistador. Esta idea percorre, escondida, o discurso fílmico que aparece salpicado por un aura fascinante que nada entre a marabillosa estética hippie dos setenta e a crítica da era posmoderna actual.

O espectador, embriagado coa máxica interpretación de Phoenix, non debe buscar a linealidade discursiva, basicamente porque non existe. Bosquéxase unha historia con inicio e fin pero prima a frívola imaxe da condición humana, agora explorada nos lindes da loucura e da cárcere sociocultural. Disfrutando da electrizante banda sonora e uns planos onde as cores danzan co fume o espectador experimenta un éxtase visual, é un gran filme, é unha beleza do calvario, pero gran beleza. Que me recorda á La Grande Belleza (2013) de Paolo Sorrentino, por certo, como fermoso retrato da actual Roma decadente sempre sombra de vellas glorias. Conflúe en ambos filmes unha linguaxe que persegue a forza estética da imaxe, imaxe sorprendente que enmascara a crítica real.
Vendo Puro Vicio venme a mente a figura de Eduardo Galeano, falecido fai unha semana, xa que atopei no filme a materialización do caótico imperialismo norteamericano, do fracaso, xa a nivel mundial, da civilización occidental do que él tanto escribiu. Aínda que no filme un goza coa xenialidade do caos absurdo, coa incongruencia e o sin sentido, entre liñas pálpase a catástrofe. E é aquí onde me membro dos escritos de Galeano. Porque, en realidade, Eduardo Galeano tamén escribe así, a través da sinceridade melancólica pero divertida debuxa o acontecer histórico.
Nun apartado de El Libro de los Abrazos, o escritor uruguaio relata:
“[…] Lo primero que hizo fue cambiar el nombre de su empresa, que pasó a llamarse Uruguay Sociedad Anónima, patriótico título cuyas siglas son: USA. Lo segundo que hizo fue pegar en los cuellos de sus camisas una etiqueta que decía, y no mentía: Made in USA. Lo tercero que hizo fue vender camisas a lo loco. Y lo cuarto que hizo fue pagar lo que debía y ganar mucho dinero.”
Non é Puro Vicio un canto á marca USA? Evidentemente que sí. E ante esto non se pode negar a forza magnética de Norteamérica, que nos ten a todos embriagados ante a posta en escena duns aloucados anos setenta. Dalgún xeito empatizamos con estes filmes, chégannos ós adentros porque, inevitablemente, bebemos, grazas a “cortesía” de Hollywood, destas temáticas cinematográficas dende que temos uso de razón. Estivo acertado Galeano, a marca USA triunfa, consumimos o foráneo porque a natureza sociocultural do momento é transoceánica, é pancultural, globalizada e globalizante. E, de novo, Galeano describindo maxicamente esta realidade alienada:
“Creen los que mandan que mejor es quien mejor copia. La cultura oficial exalta las virtudes del mono y del papagayo. La alienación en América Latina: un espectáculo de circo. Importación, impostación: nuestras ciudades están llenas de arcos de triunfo, obeliscos y partenones. Bolivia no tiene mar, pero tiene almirantes disfrazados de lord Nelson. Lima no tiene lluvia, pero tiene techos a dos aguas y con canaletas. En Managua, una de las ciudades más calientes del mundo, condenada al hervor perpetuo, hay mansiones que ostentan soberbias estufas de leña, y en las fiestas de Somoza las damas de sociedad lucían estolas de zorro plateado.”

Contemplo un claro paralelismo entre os dous discursos, entre Puro Vicio e a obra de Galeano. Ambos retratan, describen e contan tras unha atractiva pantalla irónica repleta de xenialidade. Sendo diferentes, Puro Vicio fai autocrítica dende a divertida (en pantalla) sin razón norteamericana, e Galeano, enfróntase a esta dende un minucioso análise dos acontecementos históricos, pero, insisto, cunhas perspectivas achegadas..

A verdade é que a crítica de Ggaleanoaleano fascina e incomoda ó tempo, está salpicada dunha audaz elección das palabras que compoñen cada un dos parágrafos. Encandila e fai pensar. Alaba e asasina. É tristemente realista e directa. Puxo sobre a mesa a voz dunha Lationamérica esgotada baixo o xugo estadounidense.

As conclusións que logro sustraer desta cuestión, e que a autocrítica de Anderson é a aceptación, xa a grandes niveis, dun gran fracaso, ainda que no filme poetizado, que me recorda á frase de Galeano “al sur, la represión. Al norte, la depresión”.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s