Redes

Anestesia visual

A televisión, posibilitada por un aparato existente xa dende os 30 do século pasado actualmente cólase en practicamente todas as casas, con esta entraron outro tipo de “cousas”. Virus, que entran polos ollos e se contaxian rapidamente. Nada mellor que un produto de consumo de balde que mobiliza os sentimentos, multiplica as sensacións, atrae pola vista… Programas de todo tipo, por aquí hai moitos que valerían. Dende os universalmente coñecidos de telerealidade ata os mesmos telexornais. Non se trata de que sexa nada novo, senón de que é o de sempre. Que non é máis que a novidade constante. O que ten maior capacidade de crear a actualidade.

https://i2.wp.com/www.vertele.com/files/2011/04/telebasurainterior-285x206.jpg
Estes programas emiten continuamente ocupando toda a franxa televisiva, de todas as cadeas e estendéndose polo mundo á diante. A súa estética está tan coidada como un cadro e a súa montaxe tan pensada como unha novela, quizais unha novela que venda ,pero conseguen vender. Gran Hermano, Sálvame, Supervivientes e demais artigos que se suceden no tempo. Telecinco é a campioa, cas súas cores rechamantes características e as súas estrelas. Inda que son todas semellantes. Un fenómeno que xa ven dende o Star System de Hollywood. Fabricar produtos destinados a mobilizar á xente, naquel caso atraela ao cine a ver as últimas películas dos seus ídolos, despois dos escándalos de última hora.
Non pretendo dicir que se debería emitir, soamente que non me gusta o que se emite. Moi probablemente a TV se podería empregar de formas moi creativas e interesantes. Ou como mínimo, podería haber máis variación.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s