Imagen

“The perfect body” vs. “I´m no angel”

Para ninguén é un segredo que na sociedade actual hai uns canons estéticos totalmente definidos, algo que nos afecta diariamente e do cal non é fácil escapar. Tendas, centros de estética, campañas publicitarias…encárganse de que o teñamos presente e non o esquezamos.

En canto á  moda, esta é a que pon os límites entre o actual e o desfasado, moda que non facilita que unha persoa cun peso máis elevado do que marcan os canons estéticos lle sexa sinxelo atopar roupa, aínda que hai marcas que están intentando adaptarse a todo tipo de clientes. Nos últimos tempos a roupa “curvy” ou o que é o mesmo, de tallas grandes superiores á 42 ou 44, estase poñendo de moda. Certo é que a sociedade é cada vez máis sedentaria, e o número de persoas con sobrepeso vai en ascenso, o que fai que a moda teña que considerar outras alternativas.

A casa de lencería Victoria´s Secret, mundialmente coñecida, escolle cada ano ás mellores modelos do mundo para o seu desfile anual de roupa interior. Fai apenas uns meses lanzou unha nova campaña baixo o título “The Perfect Body” que, como indica o propio nome, mostraba ás mellores modelos do mundo con medidas que se consideran perfectas. Pois ben, como reacción a isto, a firma estadounidense Lane Bryant, especializada en tallas grandes, acaba de lanzar unha campaña co nome “Im No Angel”, na que as modelos lle dan totalmente a volta ao concepto de beleza que publicita Victoria´s Secret. A campaña trata de redefinir os canons de beleza actuais e anima a todas as mulleres a participar colgando unha foto súa nas redes sociais.

Estes dous exemplos mostran con claridade que os esforzos dos publicistas, neste caso das diferentes firmas, non caen en saco roto e conseguen o efecto desexado, ter unha gran repercusión e chegar ao maior número de persoas posibles facendo que en moitas ocasións se esquezan de cousas realmente importantes para preocuparse por outras que, baixo a miña opinión, non o son tanto.

perfect

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s