Espacios/Pensamiento

Patio Maravillas ou o necesario inaccesible.

Sólo vuela el que se atreve a hacerlo
(Frase última do comunicado do Patio Maravillas ante o inminente desaloxo)

PatioMaravillas2

Ante a indiferenza institucional? Forza popular. Porque qué está facendo o goberno/institucións senón privatizar a cultura? Ata onde chegaremos se seguimos alimentando esta dinámica elitista na cal o necesario torna inaccesible? Pois a ningures.
Existe unha controversia moi profunda entre o público e o privado, xa que se ó goberno, como ente que salvagarda o público, orienta as súas políticas cara ó privado, qué organismo nos queda? Quédanos a nosa obra, a que podemos (e deberíamos) construír.

Locais públicos inutilizados que se okupan para conformar espazos autoxestionados para a cultura, liberados, por fin, son sometidos á fusta do goberno ante xustificacións como que hai “indicios de que actualmente se comete un delito de usurpación” cando en realidade unha inmobiliaria (Nivel 29) comprou a propiedade e ten fame hoteleira. Caso este do Patio Maravillas de Madrid que, dende o 19 de Febreiro, se mantén en alerta constante ante o desaloxo tras cinco anos de actividade. Como espazo eficiente para a difusión e creación cultural ten que loitar nestes momentos contra os intentos de aculturación das rúas madrileñas. Empresas que ansían “turistizar” a cidade teñen o apoio das institucións.

O Patio, marcado por un carácter multidisciplinar, ofrecía dende talleres de ioga, teatro, coro, violín, salsa, relatos, filosofía e meditación, linguaxe de signos, ata clases de inglés, clubs de lectura e ciclos de cine feminista. Un amplo conglomerado rico en saberes que enche un baleiro cultural real. Este modus operandi dunha cultura fragmentada e interrelacionada ó mesmo tempo, dun atractivo totum revolutum, semella ser a linguaxe do noso tempo. Bebemos dunha nova realidade cultural dispersa e plural que consumimos a través dun sistema de variedades materializado en internet e as revistas, pero que se consolida e vivifica en espazos como o Patio Maravillas. Deste xeito, xa non é só unha catástrofe a desaparición destes lugares polo feito de ser un “roubo cultural” se non porque son espazos de canalización dunha postmodernidade social. Aquí realizamos en vivo o que na nosa casa na rede cando vemos un vídeo de minuto e medio, leemos un artigo e consultamos un xornal dixital, todo acto seguido e en cinco minutos. Son estes espazos, e non as institucións, os que plantexan un programa acorde co novo modo de ser e sentir cultural, nos que se palpa ese “mercado mundial de ideas” , do que fala John Rajchman.

E ademais, é aquí onde o cidadán é zoon politikon, onde se debate, critica e responde á unha crise deplorable. Onde a activación é cultural e política, onde se nos deixa pensar. Será por isto polo que non interesa. Porque dá medo a propagación de sedes para a crítica, está un máis tranquilo se o pobo anda calado. A Lei Mordaza como arma masiva fai desta “crise okupa” un angustioso acontecemento, porque non pasa só no Patio; na mesma cidade, e a través da operacións como a Piñata ou Pandora, múltiples espazos okupados están caendo: La Casika de Móstoles, a 13-14 de Vallecas ou a Quimera de Lavapiés. Por non falar doutras cidades.
O Patio anunciou a toma doutro edificio como consecuencia do desaloxo da sede actual. Pero estaremos así ata o infinito? Construíndo e reconstruíndo nun círculo de prohibicións sen fin? Cómo imaxinar unha cultura enclaustrada na pauta institucional? Hiperalienación social, Un mundo feliz de Huxley. Pero aínda que o camiño estea obrigado á conducir cara esta senda a loita segue en pé, dende asociacións culturais ata casas okupa, a cultura é a arma política, nin porras nin pelotas de goma. Se o coñecemento nos segue acompañando a crítica ficará presente, e non deixaremos de “voiar”.

Acostúmase a ver estes espazos okupados dende unha óptica residual, do rebelde antiinstitucional, pero xa chegou o tempo de mudar esta visión, e non é por intentos, senon porque nos seguen bombardeando con ideoloxías pro-gubernamentais, cun mesianismo “do presidente” barrendeiro da escoria. Pero as novas xeracións xa non nos creemos esta farsa. É sintomático da pasividade cultural pública (do goberno) focalizar as nosas ambicións/desexos culturais en espazos contraculturais (en contra da “alta cultura”). É por este motivo, por estas pinceladas esperanzadoras, polo que Patio Maravillas, como peza clarificadora do asunto, non pode caer. Porque creemos en nós, xeracións que vivimos no linde do absurdo social comendo as cinzas do fracaso, pero construíndo, tamén, un novo “ser cultural”.

Anuncios

3 pensamientos en “Patio Maravillas ou o necesario inaccesible.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s