Otros

COMPOSTELA. Música ao morto e indirecto.

Se algo sasantiagobemos de Compostela é que non só é un monumento inerte de paso de turistas con ganas de cunchas de vieira de prata e acibeche. É unha cidade activa, cunha vida que vai máis aló da posta do sol. Podemos deleitarnos practicamente todas as noites con algún concerto ó vivo nalgún local da zona vella. É toda unha delicia poder gozar de artistas que comezan, ou que levan toda a vida dedicándose a soltar notas coa súa guitarra nestes pequenos establecementos que tan preto temos da casa… Ou isto era antes? Anteriormente, estableceuse un convenio de colaboración entre os locais da Asociación Cultural Cidade Vella co Concello de Compostela, que estipulaba unha serie de normativas que ambas partes acordaron para o mellor desenvolvemento do traballo dos artistas. Todo semellaba idílico ata que, durante a corporación do señor Currás este convenio non se renovou, polo que ós locais se lles denegaba este apoio legal que os avalaba para poder programar actividades culturais.
Ademais, aparece en escena unha agrupación veciñal denominada “Compostela sen Ruído”, capitaneada por María Abelleira. Esta asociación foi o detonante para a non renovación do acordo do Concello, xa que exerceron presión para que isto non se levase a cabo. Non son consciente do nivel real de amargura e de complexo de can do hortelán que teñen os membros do conxunto, e en especial a señora Abelleira, para tentar privar á cidade de Compostela da música ó vivo, que eles mesmos denominan “ruído”.
É posible que a portavoz da asociación teña varias vivendas no casco histórico, o don da omnipresencia ou o que é peor, unha hiperacusia tal que lle permite escoitar concertos dende unha punta a outra da cidade, xa que denunciou a varios locais por teren espectáculos, que están bastante separados entre si.
Non podo evitar darlle certo toque de humor a estas actitudes, pero a verdade, é que se trata dun tema bastante serio, xa que se está arremetendo contra os locais que promoven a cultura, cando a realidade é que o pFALA BAIXIÑO!!roblema real dos veciños –entre os que me inclúo- é o balbordo que se produce nas portas dos establecementos de ocio nocturno polas decenas de persoas que se concentran alí, ben sexa para fumar, charlar, cantar –ás veces tamén me inclúo nisto-, discutir ou berrar a altas horas da madrugada. Todo demasiado molesto se es ti o que intenta durmir. Realmente, considero que isto se trata un pouco de falta de civismo ou de exceso de licor café. Pero é algo que está na nosa man e podemos solucionar.
A todo isto, non debemos esquecer que os horarios dos concertos non acostuman excederse máis aló da media noite. Razón de máis para pensar que non son estes o problema dos desvelos dos veciños. Pero aínda así, actuacións coma o de Ricardo Parada no Momo, que é un home ó que só o acompaña á súa guitarra, foron suspendidas durante unha tempada, porque os locais foron multados polo Concello.
É por isto, por que realmente non vexo razón de peso, que ás veces me dá por dubidar se o que realmente move a esta xente de tinte rancio para machucar ós establecementos, e polo tanto ós músicos, é o barullo ou hai algo detrás que se nos escapa.
Pero desde logo, o que me parece máis sorprendente é o orgullo que senten no Concello cando se vanglorian de ser Capital Cultural, ou de que os turistas estean ben compracidos coa suposta oferta cultural de Compostela, cando xa non é que non participen na súa promoción e desenvolvemento, senón que tentan afogala aproveitándose da posibilidade de obter beneficios a costa dos locais. Espera, dixen que me sorprendía? Pois, non, o certo é que xa non.
A pesar disto, non debemos desesperar, pois un grupo de persoas comprometidas e dispostas a frear esta situación, crean a Plataforma Compostela Territorio Musical, que xungue os esforzos de hostaleirosCompostela Territorio Musical ( A.C Cidade Vella), veciños (A.C. San Martiño Pinario) e músicos (Sindicato Profesional de Músicos ao Vivo). Os motivos que se recollen no manifesto da plataforma baséanse principalmente na defensa da cultura e da música ó vivo nos locais e bares de Compostela, onde os músicos poidan desenvolver o seu traballo libremente e con normalidade, así como conservar un modelo de cidade viva e dinámica, máis aló do patrón de turistas con gañas de cunchas de prata e acibeche.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s