Espacios

O museo canta ó ecoloxismo. Verdade ou estratexia?

j2_mercados_sazonais_5417077165506d86a092dd


Imagen

É un feito que a sociedade actual anda apurada por pedir perdón á natureza. A pésima pegada do ser humano na Terra fixo desaparecer o diálogo entre o civilizado e o natural; impúxose unha destrución incontrolada á unha terra silenciosa que agora comeza a falar. O pánico xeral ó Cambio Climático que, falsamente semellan remendar as macroinstitucións de turno, estase expandindo a velocidades inauditas. Non hai máis que pasear polas rúas e comprobar a floración de locais de alimentación ecolóxica ou a aparición nas librerías de manuais para fabricar unha hortiña nun balcón urbanita.

Respíranse uns aires de cambio a nivel social ante a “trampeada” pasividade gobernamental e a comunidade museística intenta colaborar. Porque é ben certo que o museo como centro que salvagarda a obra de arte de maneira exclusiva xa non existe, agora participa coa sociedade e as súas inquedanzas. Porque “se non hai nada ou moi pouco no museo que conecte coa vida das persoas, máis alá do persoal do museo e do mundo académico e dos especialistas, cómo se xustifica a súa existencia?, por qué preocuparse deles?”1 Esta interrelación real na actualidade entre sociedade-museo clarifícase co auxe do ecoloxismo e novas formas de vida sostible. O museo, que non todos, convértese en espazo para o cambio social, o cal alberga un discurso sociopolítico que nada en contra da marea neoliberalista á que non lle pesa nin a desaparición dos glaciares nin a tala do Amazonas.

O museo bebe do acontecer da cidade. Cidades que, a nivel global, elixen formar parte do chamado “Movemento Internacional de Cidades en Transición”, idea xestada no pobo inglés de Totnes por Rob Hopkins que promove a soberanía alimentaria e novos comportamentos. O concepto de transition town convértese entón nunha filosofía de vida transportada ó museo e que se materializou o pasado 29 de marzo na Fundación Serralves. Porto como “Cidade em Transição” traslada este discurso ó museo por excelencia da urbe, que agora comparte posmodernidade con froitas. Celebráronse pois os Mercados Sazonais (estacionais), neste caso o da primavera, no cal as áreas verdes da institución se encheron de lojas alimentarias locais. Incentivando tanto ó turista como ó portugués autóctono a consumir unha alimentación sostible.

Esta multidisciplinaridade do museo en favor dun ecoloxismo en boga aparece tamén en Inhotim, peculiar museo brasileiro pola súa fusión entre natureza e arte, no que non faltan actividades como o “Circuito Temático Solos” do pasado 5 de abril que ven acompañado por “Linguagens e materiais na arte contemporánea” no día anterior. Unha práctica reforzada polo ICOM que este ano se decanta polo tema “Museos para unha sociedade sostible” para o día internacional dos museos, o vindeiro 18 de Maio, e da que xa se ven falando dende o 2002 cando nas “Cumbres da Terra” de Johannesburgo se fixo referencia, por primeira vez, á sostenibilidade cultural.

Pero este bombardeo ecoloxista da man do museo non deixa de ser, en canto menos, sospeitoso. Desperta a polémica de ata qué punto se involucra esta institución na concienciación social; é un mecanismo económico para gañar adeptos ou realmente é un manifesto ideolóxico? É unha cuestión complexa na que hai que saber que o museo se preocupa, sempre, polo público por dous motivos: o sociocultural e o económico.2 Actúa seguindo unha corrente que publicita e da que se beneficia, aproveitándose así dunha cuestión capital que concirne ó globo enteiro.

Deste xeito non se poden entender estas iniciativas “responsables” co medio sen o respaldo da lóxica do mercado, xa que tampouco estiveron exentos dela ó longo da súa historia.3 É unha práctica anticapitalista ofertada cunha linguaxe capitalista que ansía o consumo. Serralves crea o potente atractivo do produto local para chamar ó turista desesperado por atopar o enxebre ó mesmo tempo que proxecta esa imaxe de fonda conciencia coa transformación dos modos de vivir urbáns. A polémica está servida, sobre todo, dende a cúspide, na que organizacións como o ICOM falan da promesa do mundo sostible e comparten mesa coas grandes organizacións intercontinentais como a ONU, quenes soen cantar á paz e gloria da humanidade mentres participan da hipocresía de políticas ineficaces pautadas polo xugo do neoliberalismo. Somos títeres dun sistema domeñado por “entes superiores” e inalcanzables que “defenden” a protección da natureza mentres, por outras vías, a matan. Un profundo debate que se traslada a todos os recunchos chegando tamén á arte, que agora debe renovar discursos para adaptarse á gran mentira que é este mundo.

Anuncios

Un pensamiento en “O museo canta ó ecoloxismo. Verdade ou estratexia?

  1. Muy interesante. El tiempo pone a cada uno en su lugar, y veremos si esto se convierte en una moda más o tendrá el arraigue suficiente para cambiar los hábitos del mundo. Sin embargo, el tiempo se nos escapa de las manos y nosotros asistimos “impasibles” a la destrucción de la naturaleza. Yo quiero,espero, que la labor didáctica de los museos se ponga de una vez de manifiesto y hagamos ya algo entre todos. Un saludo compañera, buen trabajo.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s