Construcciones

Hotel no castelo de Monterrei. Proxecto de 5 estrelas ou proxecto estrelado?

O Castelo de Monterrei,  foi construído por Afonso Henríquez, o que posteriormente sería coroado primeiro rei de Portugal, no S. XII. Pero ocupaba xa o vello castro prerromano de Baronceli. Contemplou as loitas do mosteiro de Celanova, como dono da acrópole, cos distintos Reis para destruílo, rematando a loita Afonso IX quevista castelo monterrein toma o castro como feudo propio e troca o nome polo de Monterrei. Nos tempos dos Reis Católicos configúrase o condado. Ilustres condes como Gaspar de Acebedo y Zúñiga Fonseca, levaron o nome de Monterrei ata América e Australia.

Tamén foi aquí onde se imprime o primeiro incunable galego, coa primeira imprenta de tipos móbiles, o 3 de febreiro de 1494 foi estampado o “Missale Auriense”,o primeiro libro publicado en Galiza e que actualmente se atopa na catedral de Ourense. A vida cultural desta pequena corte nobiliaria tivo a súa importancia, incluso pola ensinanza da gramática, as artes e a teoloxía. Polos seus tres conventos pasaron reis, ilustrados, científicos e literatos de talla universal.

En 1510 volveu a pasar a mans da realeza ata que Fernando I a vende ó arcebispo Alonso de Fonseca. No século XVII polo conflito con Portugal modernízanse as defensas, que se completan en 1711 pola Guerra de Sucesión.

Durante a Guerra de Independencia Española, o Marqués da Romana converte a Monterrei no cuartel xeral do Exército de Galicia ata que o mariscal Soult tomou a fortaleza. Quedou esquecido ata os anos 60 do S. XX, en que se fixeron algunhas reformas sen sentido, nos anos 90 leváronse a cabo uns primeiros e tímidos intentos museísticos.

Era necesario achegarnos un pouco á historia da fortaleza para ser conscientes do valor que ten, tamén é a máis grande e a mellor conservada da Galiza, e é por iso que foi declarado Monumento Nacional en 1931 e actualmente é un Ben de Interese Cultural, con categoría de Monumento, incluído no catálogo de “Monumentos do patrimonio histórico de España”.

Trátase dun ben público pertencente ó Estado, cedido a título de balde á Xunta de Galicia, coas condicións de uso público de restauración, conservación e vistas culturais, entre outras relativas á promoción, divulgación e innovación dos recursos turísticos e económicos da comarca de Monterrei.

As obras comezan no castelo a finais do ano 2013, pero cada vez comezan a ser máis grandes os rumores e  sobre se o uso que se lle vai dar ó edificio é o mesmo que se prometeu nun principio. É entón cando o presidente da Xunta despexa as dúbidas e confirma o proxecto de converter o castelo en Parador; ademais elixe unhas datas moi especiais para informar ó pobo da decisión, que coinciden co Entroido,  que nesta vila consta de grande interese. Pode que crera que soltando a bomba nuns días de celebración, desorde e excesiva festa, o pobo quedaría embobado e esquecería a noticia. Teño que apuntar que está táctica semella moi recorrente para aqueles que deixamos que nos gobernen, xa que acostuman tomar decisións trascendentais  (que saben que probablemente os cidadáns non apoien)en momentos nos que esteamos distraídos en cousas tan importantes coma o fútbol, algunha festa, ou algún acontecemento que nos insuflan ata a médula en todos os medios de comunicación.

Pois ben, unha parte importante  do pobo reaccionou, e fíxoo creando unha plataforma veciñal para tratar de evitar o uso privado do castelo despois da rehabilitación do mesmo. Chámase Plataforma Cidadá en Defensa do Castelo de MSlogan da Plataforma en Defensa do Castelo de Monterreionterrei. Comezan coas mobilizacións para a busca de apoios en contra do proxecto hoteleiro e atópanse co amparo de diferentes institucións coma o Consello de  Cultura Galega, a Universidade de Santiago e a de Vigo ademais de 8 partidos políticos e diferentes personaxes da actualidade galega e española que axudaron a que a situación que estaba a vivir o castelo fose coñecida en toda a Galiza e parte do estranxeiro. As pretensións da Plataforma baséanse principalmente no uso público do castelo, tamén unha reforma que contemple o uso cultural e de promoción económica da Comarca de Monterrei, respetando a integridade do monumento, e ademais que se cumpra o decreto de cesión do ano 2010 que contempla os usos polos que a comarca leva loitando varias décadas. A todo isto, non debemos esquecer que a 300 metros do castelo se atopa un parador que está fechado por falta de afluencia de visitantes, polo que o proxecto da Xunta aínda ten menos sentido, se cabe. Pero como é normal, o señor Feijoó, principal responsable da desfeita, alagaba o proxecto afirmando que aumentaría a oferta turística, contribuiría a manter os empregos do vello Parador e serviría de revulsivo para a economía da comarca.

Mentres, seguíase sen cambiar o contrato de cesión do Estado á Xunta que impedía o uso lucrativo do castelo, pero pouco a pouco se foron dando permisos de Patrimonio e do Concello de Monterrei para as obras do hotel. E aínda que a Plataforma sospeitaba e dubidaba da legalidade deste feito, a empresa beneficiaria foi preparando o monumento para dito fin.

O proceso continuou coa orixe dos fondos empregados para as obras. A pesares do que puña no cartel das obras, a Xunta negou o uso de fondos FEDER da UE para financialas, xa que só poderían utilizarse con fins culturais. Ó facer pública na Plataforma esta irregularidade desbotaron os fondos europeos e usaron fondos da Xunta.

E para rematar con esta sucesión de despropósitos non cambiaron o contrato de cesión co Estado, senón que, nunha manobra pouco franca, o Goberno do Estado Español, ampliou as condicións, permitindo o uso hostaleiro. Optaron por construír o hotel, sen ningún tipo de escrúpulo e mesmo rozando o camiño da ilegalidade para conseguilo, en vez de adaptar a obra á normativa vixente.

Tendo en conta que o castelo semella ser unha das maiores riquezas da comarca de Monterrei, estimo oportuna a rehabilitación e acondicionamento deste edificio e do seu entorno extraordinario, coa posibilidade de recuperar as casas da antiga aldea, ligadas á fortaleza, que si permiten un uso hostaleiro, e deixando paso ó desfrute público do castelo onde sexa posible o desenvolvemento dun plan de actividades culturais e de promoción dos recursos turísticos e económicos da zona, que nunca están de máis, e menos nunha rexión inundada polo esquecemento e a escuridade no eido cultural.

Xa para rematar, só me queda engadir que:

EU NON QUERO HOTEL NO CASTELO!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s