Cine

¿A teoría do “todo”?

la-teoría-del-todo-3

Certo é que no cine actual prima o éxito en taquilla máis que a calidade da propia película, e tampouco é un segredo para ninguén que a industria cinematográfica, sobre todo estadounidense, é un negocio que move miles de millóns de dólares anualmente. Nesa dirección van encamiñados a maioría dos esforzos dos produtores e directores de cine, incluso tamén dos propios actores que buscan papeis cos que poder lucirse e así lograr recoñecemento e fama, aínda que en moitos casos esta so sexa temporal. Os dramas persoais, sobre todo de figuras destacadas, están de moda, ao igual que as adaptacións de obras literarias, maiormente “best seller” posto que en boa medida garanten o éxito da película. Pero a cuestión é, ¿que camiño está tomando o cine actual?
Como exemplo falarei dunha película recente, como non, estreada a tempo para poder competir nos Oscars, La teoría del todo, e por certo con gran acerto dado que conseguiu cinco nominacións aínda que so levou o premio a mellor actor que foi para Eddie Redmayne, que por outra banda fixo un papel brillante. Este biopic baseado no libro escrito por Jane Wilde, a primeira muller de Hawking, fálanos da vida marital deste científico e da citada Jane durante os anos de convivencia, pero, ¿a súa foi unha historia de amor tan perfecta como nos “venden”?, ¿cal é o propósito deste filme?. A resposta á primeira pregunta non está clara posto que os coñecedores da realidade son os propios protagonistas, o demais son suposicións, pero se temos en conta que é unha película e que con ela o que se pretende fundamentalmente é conmover ao espectador, creo que cabe perfectamente a dúbida. En canto á segunda cuestión, queda claro despois de ver a película que segue a liña da que falaba anteriormente, cativar ao público cunha gran historia que o que permita realmente sexa lograr unha gran recadación.
Ademais cabe outro interrogante, ¿é este o “todo” de Stephen Hawking? Decepciona ver que a primeira vez que levan ao cine a vida deste personaxe tan importante o fagan deste xeito, apenas lle dan importancia aos seus descubrimentos e ao seu traballo como físico, iso queda relegado a un lugar secundario en favor da relación coa súa muller e do drama persoal derivado da súa enfermidade. Podemos afirmar sen temor a equivocarnos que ese “todo” queda reducido a unha historia de amor, na que Jane fai o papel de muller abnegada e sufrida que da todo pola súa familia, mentres que Hawking loita por sobrevivir sen deixar de lado a os seus parentes pero tampouco os seus descubrimentos. Apreciamos claramente que este argumento é máis atractivo para os espectadores en xeral que a vida profesional deste personaxe, coa cal probablemente se conseguiría colleitar un gran éxito pero quizais non deste calibre.
Esta é a senda pola que camiña o cine actual pero eu fágome outra pregunta para a cal non hai unha única resposta, debería ser isto así?

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s