Pensamiento

Breve Reflexión sobre o Mal e o Ben

Na infancia, todo era máis sinxelo e o mundo que víamos máis que conformado pola visión empírica da realidade nos era transmitido por códigos máis sinxelos a través as ficcións tanto televisivas como narrativas. O conxunto das ficcións bombardeadas aos nosos cerebros por formar nos gravaban no noso cortex unha idea do mundo pero máis que con visos de realidade nos daban unha ficción de realidade, unha simulación simplificada que nos daba unha serie de pautas codificadas que, mediante a repetición, se nos quedaban gravada na mente.
Presentaban un mundo idealizado de liñas fortemente debuxadas onde os conceptos de ben e de mal se encontraban separados. Neste tipo de historias levábase un claro maniqueísmo onde quedaba máis que claro quen era o bo é quen o malo. Había nesta maldade unha honestidade pura, unha maldade sen paliativos, unha ambición desmedida onde o pecado non estaba tanto nas accións que facían senón no feito de que destruían o status quo da realidade onde se situaban. Exemplos deste tipo de personaxe o podemos ver a puñados dentro das películas da factoría Disney.
Ao final, este tipo de mal é unha parodia e convertese na figura do eterno perdedor. As súas accións quedan suprimidas e restadas pola acción activa dos axentes do ben cuxa actuación esta ligada pola pureza, o honor, a xustiza e todas esas grandes palabras que enchen bocas. O código polo que se rexe lles obriga, de maneira consciente ou inconscientes, das forzas opostas.
A figura do eterno perdedor evoluciona quitándose de enriba conceptos morais en personaxe como o gato Silvestre, o Coiote e o Correcamiños que teñen en común cos viláns tradicionais a ambición desmedida, a ausencia de calquera tipo de condicionante moral nas súas actuacións e a perseverancia. Esas figuras representan a ambición, potenciada ata a súas últimas consecuencias, fronte o obxecto desa ambición que a súa vez esta materializada nunha figuración e se converte ao mesmo tempo en axente activo do seu fracaso.
Este tipo de personaxe nos meten na cabeza a idea do mal como algo destinado ao fracaso e o ben como triunfo levándonos un repudio da parte escura que todo o mundo ten dentro de si con unha visión determinista sobre os camiños por onde nos pode levar esa maldade representada sendo preferido o camiño do ben. Sen embargo, grazas a isto a nosa elección do bo camiño ben determinada no pola virtude de facelo senón por algo máis práctica: Xa estamos acostumados a ver como ese mal é castigado, humillado e derrotado unha e outra vez. Se o noso bo comportamento ben dado polo medo ao castigo iso non é moral senón é simple covardía.
En realidade, esta representación maniquea do ben é do mal non serve para que confundirnos sobre os verdadeiros conceptos do ben é do mal. Explícome, nesta idea de ben é de mal que se nos meteu na cabeza en seguida asociamos ideas como beleza ao ben mentres que o mal lévase as conceptos negativas. Ao mal non lle basta con ser o mal senón que tamén ter que ser evidente por fora, o corpo humano entón convertese en mapa do alma, das súas virtudes e imperfeccións.
O ben é fonte de toda virtude, coma un total que non admite ningún tipo de división ou desvirtuación, o ben asociase como algo puro, unha idea preclara, branca, sen dobreces mentres que o mal mostrase como unha corrupción, como algo decadente carente de calquera tipo de valores morais. O mal non ten o privilexio de ser visto como algo completo e aceptado, o mal vese entón como a corrupción de algo que antes era bo, ou completo. O mal se corresponde a fealdade tanto externa como interna, o mal ten que ser fácilmente diferenciable.
Pero se de verdade existe o mal, en realidade non se acollen ao criminal, ao asasino ao violador porque na maioría dos casos trátanse de doenzas mentais. O mal ven de aquel que aprendeu moi ben das leccións de Goebbels: “Unha mentira dita mil veces convertese nunha verdade”, o mal de hoxe en día escondese baixo palabras de virtude, escóndese baixo un sorriso, unha sotana, unha garabata, palabras amable. O mal é un colectivo e non fai falta facer moito para encontralo, so hai que levantar a vista.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s