Imagen/Sociología

Arte comprometida contra a pobreza

A exposición “cuestionARTE” estivo aberta ó público en Madrid ata o pasado 23 de marzo. Trátase dunha exposición enmarcada no proxecto “Más y Mejor”, froito da colaboración de Intermon Oxfam, coa Galería Blanca Soto Arte de Madrid. Pretenden axitar conciencias por medio da arte, para que non se nos esqueza que hai moita xente que sufre, e as políticas de cooperación e desenrolo son unhas das máis perxudicadas economicamente pola crise.

A exposición consiste no resultado das viaxes de varios artistas a determinados países con problemas sociais, que regresan para crear arte que mostre o visto nestes sitios, e que mova as conciencias, tanto sociais como políticas. Recuperar por tanto o respaldo social e político á cooperación, mediante unhas creacións que, en palabras da propia Blanca Soto “mostran unha arte positiva e real, onde non pode haber rachaduras”.

Estamos ante un emprego da arte, canto menos diferente ó coñecido ata o momento. Si existe unha arte que move espíritus, que fai experimentar diferentes sentimentos, dependendo do representado ou de quen cree esa arte. Pero desta vez os espíritos a moves son moi determinados, e a fibra que se pretende tocar é unha moi concreta, a da concienciación social.

Existen varias ópticas posibles á hora de abordar este tema, posto que por unha parte podemos ver esta iniciativa, en contraposición a unhas vacacións programadas polas distintas axencias de viaxes dos nosos países “occidentais”, que nos mostran as mellores instantáneas e as máis marabillosas promesas de cara a unha visión do país ó que desexamos desprazarnos. A imaxe que pola contra van a mostrarnos estes artistas é moi diferente, que viaxan a países como Colombia, Marrocos, Nicaragua ou Burundi, onde se empapan das diversas problemáticas destes lugares. Unha vez de volta, ou in situ durante o periplo, poder crear unhas obras que reflictan que a cooperación e o desenrolo teñen un rostro, e dende os nosos sofás, ou neste caso, dende a sala de exposicións, non debemos esquecer.

Pero ante estas ópticas existentes, ás que podemos achegarnos en maior ou menor medida, é preciso reparar no sentido que esta arte está cobrando. Socialmente, en harmonía coas políticas de axudas económicas actuais, nas que a cultura, e dentro desta, a arte e os artistas están vendo mermadas as súas posibilidades, como consecuencia dunha redución total de axudas para tales fins, vemos como os artistas teñen que botar unha man a outro sector que se presenta aínda en peores condicións.

Arte que non pretende mostrarnos beleza, pois o seu obxectivo é mostrar realidades, e realidades que teñen que chegar por medio dos sentidos á nosa parte máis humana, e concienciarnos dun feito que existe e do que non podemos pasar de longo como se nada importase. E é que vivimos nunha sociedade no que a perda de emocións, a falta de sensibilización está cada vez máis á orde do día, ben anestesiados polas imaxes que nos ofrecen día a día os medios de comunicación, ou ben durmidos por un somnífero discurso que se nos presenta dende arriba cada vez en peor situación, abocándonos a unha submisión total na expresión das nosas sensacións, impresións e paixóns.

Quizais un antídoto a este narcótico sexa a arte, e con pequenos exemplos como o desta iniciativa, materializada en “cuestionARTE”, consiga facernos volver eses sentimentos que o século XXI levou lonxe nosa.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s