Comic/Imagen

Crítica a Before Watchmen e ao Concepto de Precuela

Durante os anos 1986 e 1987 DC Comics lanzou unha serie de cómics de doce números coñecida como Watchmen. A novela gráfica foi guionizada por Alan Moore, coñecido pola saga American Gothic de Swamp Thing onde crearía o popular personaxe de John Constantine que coñecería un spin off chamado Hellblazer, o debuxo sería de Dave Gibbons, sendo este o seu primeiro traballo coñecido e con John Higgins como colorista.

Esta obra converteuse rapidamente nun gran éxito achegándose a un público máis amplo do que o xénero de superheroes tiña e gañando numerosos premios tanto dentro dos da industria do cómic, como o Premio Kirby ou o Eisner ata outros onde participan obras de outros formatos como son os Premio Hugo. Tendo ese enorme éxito sería normal que a obra fose explotada en profundidade en forma dunha continuación ou unha precuela, como acontecería máis tarde, pero por fortuna Alan Moore non é moi amigo de explotar os seus produtos se non hai unha boa razón de por medio e non houbo nada máis relacionado con Watchmen no século XX.

Sen embargo, o século XXI traería novidades ao mundo de Watchmen onde se comezaría a explotar a saga. Primeiro, no ano 2009 realizouse unha adaptación cinematográfica da novela gráfica dirixida por Zack Snyder que xa tiña experiencia en adaptacións do cómic ao celuloide con 300 de Frank Miller. A película adapta de maneira bastante fiel o libro con algún cambio menor. Sen embargo, como filme resultou ser bastante frío non logrando captar a emoción contida no papel. Alan Moore diría o respecto: “Miña obra é un comic book. Non unha película. Fíxose dunha maneira determinada e deseñouse para ler dunha maneira determinada nun sofá, cómodo e agradable, ao carón dun fogo e cunha taza de café quente”

No ano 2012 chegaría unha serie de precuelas baseadas nos personaxes da obra orixinal. Cada unha delas protagonizada por un personaxe diferente. Xa de entrada, unha precuela resulta unha idea pouco atractiva xa que relatan feitos anteriores ao acontecido a obra orixinal, desta maneira perdese parte da sorpresa ao saber de antemán como vai rematar a obra. Por se isto non fose pouco, o traballo queda bastante restrinxido ao non poder ofrecer nada que vaia alterar o orixinal.

Iso é o que lle sucede a Before Watchmen, ao non poder ofrecer nada relevante nas historias estas se centran máis nos personaxes convertendo as historias nun mero vehículo para eles. Ademais, comete o pecado de converter Watchmen nun cómic de superheroes cando a novela gráfica orixinal vai moito máis aló. Si, é certo que Alan Moore utiliza superheroes pero o que importan deles non son a súa identidade como superheroes disfrazados, o que importa son as persoas que se esconden detrás das máscaras.

En Before Watchmen o que se fai é simplificar ao máximo collendo o máis recoñecible dos diferentes personaxes e recalcando nese aspecto unha e outra vez. Os autores cometen a fazaña de converter uns personaxes bastante traballados en seres bidimensionais de unha soa idea. Por exemplo, o personaxe de Ozymandias alter ego de Adrian Veidt é descrito na obra orixinal como ser humano máis intelixente do mundo. Pois na serie adicada a este personaxe, xunto a que non sucede nada, non hai unha soa páxina onde non se repite esa frase. O mesmo sucede con o personaxe de Rochard, mentres na novela gráfica orixinal o personaxe estaba ben traballado, explicando porque se converteu en Rochard e mostrando a súa transformación mediante a utilización de flashbacks en Before convertese nun matón calquera se pasa os seus catro números dándolles palizas a criminais de baixos fondos. E isto son so dous exemplos de como simplifican aos personaxes ao máximo.

Para finalizar, dende o comezo a mesma idea de precuela non me produce máis que adversión. Na maioría dos casos, non se trata de outra cousa que unha nova maneira de alargar un material que de por si, en moitos casos, xa non se debería estirar máis. Neste mundo de remakes, secuelas, reboots, spin offs, crossover… é normal explotar calquera produto que teña un mínimo de éxito para continuar vendendo máis aínda que esa sobreexplotación signifique devaluar a obra orixinal e convertela nunha parodia.

 

Anuncios

Un pensamiento en “Crítica a Before Watchmen e ao Concepto de Precuela

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s