Cine

A medio camiño

Por sorte no cine a definición xenérica non ten o mesmo arraigo canónico que no teatro, aínda que, dito sexa de paso, hai moito tempo que as definicións clásicas de xénero deixaron de ser referentes doados de utilizar no ámbito da creación dramática. Porque en Somos gente honrada non queda outro remedio que botarmos man dunha definición híbrida para dicir que estamos ante un drama cómico ou unha comedia dramática, dependendo de en qué e cómo poñamos o noso perceptivo acento. Somos gente honrada é, se se me pemite a expresión, unha historia de “pringaos”, coa potencialidade cómica propia deste tipo de personaxes, pero tamén coa carga melancólica, cando non directamente dramática, que os mesmos conlevan. Sen prexulgarmos a intención dos seus creadores, poderiamos dicir que a película conecta con algún cine español e italiano dos 50, aínda que tamén cabería remitir a un máis serodio cine sudamericano enmarcado nun realismo máxico do cotidiano. Un cine protagonizado polas vicisitudes, a cabalo entre o verosímil e o truculento, de personaxes sinxelos e entrañablemente reais. Unha ponte entre épocas e ambientes de crise que levan a quen as vive e sofre a faceren da necesidade pícara virtude ou, se se quere, vicio honrado.

Comecei este comentario subliñando a condición híbrida do filme porque teño a impresión de que esa condición, que en si non é mala nin boa, quizais teña un efecto paradóxico na súa acollida. Pode ser unha das súas fortalezas no tocante á súa valoración crítica, máis ben positiva, pero tamén unha das debilidades que, en parte, explique o seu modestísimo éxito na billeteira. Somos gente honrada é unha película que se ve con agrado, que divirte e emociona a partes iguais, na que o traballo actoral pode ser calificado de sobresaliente, nomeadamente o dos seus protagonistas, Paco Tous e Miguel de Lira, pero tamén o de moitos dos secundarios. Entón por qué non levou xente ao cine, ou non toda a que sería preciso para que, en termos de taquilla, se puidese considerar razoablemente exitosa? Podería aducirse, e con razón, a circunstancias de produción e promoción, pero non habería que desatender a posibilidade de que, en función da mestizaxe sinalada, a película non acabase de colmar as espectativas de tirios nin de troianos. Os primeiros porque quizais esperarían a desatada comedia que presupuñan do Paco Tous de Los hombres de Paco ou Con el culo al aire e os segundos porque, finalmente, non acabarían de topar todo ese carácter, toda esa profundización, toda esa solidez que fai dun bo traballo (e o que nos ocupa sen dúbida que o é) unha película de referencia. Porque para uns e para outros, por ton, factura e mesmo metraxe, Somos gente honrada podería remitir a un produto televisivo ben feito pero que non xustifica o esforzo de achegarse a unha sala de cine. E este, cada vez máis, é o gran reto.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s