Cine

“Blue Jasmine, a mediocridade dun excepcional ou a excelencia dun perdedor”

A día de hoxe, critícase a figura de Woody Allen non só como director de cine, senón pola súa traxectoria persoal, polo feito de estrenar unha película ó ano, pola súa obsesión coa autocompaixón e cuns personaxes inestables. Por outra banda, os seus filmes son alabados igualmente polos mesmos motivos: unha parte moi importante da crítica abala ese estreno case anual das súas obras, así como as temáticas nas que as propias personalidades das protagonistas (femininas na súa maioría) se insiren nun bucle de esquizofrenias, rarezas, depresións, vicios e defectos. Motivo de críticas positivas son tamén os grandes guións que escribe, tan denostados por unha parte importante da crítica tamén.

Trátase dunha gran balanza que, decantándose ora pola se cre a excepcionalidade dun mediocre, ora pola excelencia do que se consideraba xa un perdedor, non deixa moito lugar a medias tintas. Nada mellor que un comentario do crítico do Wall Street Journal, Joe Morgenstern para resumir este oscilamento nos xuízos que se fan, incluso dentro da mesma crítica: “Cate Blanchett encabeza algo distinto ata o de agora, co seu retrato dunha muller caída, que é un puntazo, un horror, unha rompecorazóns e un prodixio, é o misterio da película no seu conxunto”

Temos por tanto un filme cun Oscar á mellor intérprete feminina no seu haber, así como unha peza cunha capacidade de convocatoria e atención crítica que fai que, incluso para as órbitas menos cinéfilas, e cun discurso cinematográfico alleo ós fenómenos de masas, consiga recadar máis fondos nas taquillas que calquera outro dos filmes do director.

¿Por que a crítica que se fai do cine de Woody Allen, nunca me deixa coa mesma sensación que coa que se fai sobre outros cineastas? E refírome a que podo escoitar ou ler unha crítica antes ou despois de ver un filme, e pode suxestionarme en maior ou menor medida á hora do meu xuízo sobre a peza, pero lea o que lea sobre o cine de Allen, vexo a súa película sen crear ningunha expectativa previa, simplemente me quedo co contido que vexo nese momento, sen posteriores reflexións nin condicionantes sobre o meu gusto.

Unha vez máis, conflúe un guión seu, unha personaxe central enorme, que case configura o filme por si mesma, e un telón de fondo neoyorkino que rezuma jazz. E é que, ¡séntalle tan ben esta cidade!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s