Otros

De Wes Anderson, o perigo de parodiarse e o auxe do realismo

dos lesbianas masrtubandose

Partindo da nova película de Wes Anderson vou falar de dous temas: O perigo que ten un director de acabar converténdose nunha parodia de si mesmo e o auxe do realismo na actualidade e non son dentro do mundo do cinema senón que se espalla a outro medios.

Do primeiro punto falo xa que era un medo que tiña antes de ver o filme. É ben fácil para un director como Wes Anderson que ten un estilo tan particular acabase realizando unha mala parodia de si mesmo. Sería algo ben fácil, non tería que coller máis que os ingredientes principais da súa filmografía (Entre os que conto a súa posta en escena, a peculiar personalidade que ten cada un dos seus personaxes, o punto de drama sempre presente nalgún punto da súa película) e realizar unha película baleiro de contido conservando so a aparencia. Iso é o que lle sucede a Burton no seu Alice in Wonderland onde do director so conta no ambiente dos seus escenarios e na caracterización dos personaxes. Logo a historia segue o aburrido patrón da loita do ben contra o mal, estando máis cerca a un Lord of The Rings que a Lewis Carroll.

Tamén lle pode ver o mesmo mal na última película de Tarantino onde tenta facer un homenaxe ao spaguetti western e consegue un filme coa profundidade dun Super Mario: O único que fai o protagonista é rescatar a princesa das garras do malo de turno. Iso si, aderezado con eses ingredientes que nos permiten saber que se trata dunha película de Tarantino: O seu humor negro, o tipo de personaxe que perfila e, como no, a violencia de cómic que cada vez lle sae máis esaxerada. É dicir,a violencia sempre foi un dos riscos comúns de Tarantino pero cando antes creaba secuencias como a do baile do Michael Madsen en Reservoir Dogs agora a violencia explota con moita más contundencia, moito máis esaxerada e moito menos efectiva. E tanta a violencia que usa que o final xa non logra impresionar.

Cabe dicir que a Wes Anderson non lle sucede o mesmo en The Grand Budapest Hotel, nesta consegue crear un perfecto equilibrio entre humor, drama e diversión e a súa peculiar posta en escena segue sendo efectiva sen chegar a ser molesta nin a sobrecargar.

O segundo punto do que quería falar neste comentario é do realismo. Entendo este concepto no mundo da ficción polo desexo de construír mundos que teñan as mesmas regras que o noso. Poño como exemplo a saga de George R.R. Martin Song of Ice and Fire e a serie da HBO Game of Thrones. Aínda que estea ambientado nun mundo de fantasía hai elementos que xogan a favor dos seu realismo ao abandonar os tópicos que abundaban na fantasía e construír un mundo máis real poboado por seres humanos e non por heroes de conto, coa utilización dunha violencia cruda que ataca a todos por igual entre outras cousas. E aínda que hai elementos de fantasía, estes son escasos e os solta a contagotas para non romper esa idea de realismo.Non hai máis que ver as nomeadas a mellor película para ver como ese realismo está de moda: Sete das nove están baseadas en feitos reais

E resulta odioso a coletilla que poñen a moitas películas, esa de “Baseada en feitos reais“. Hai películas que o non estean baseadas en feitos reais de algunha maneira? Iso quere dicir que tamén hai películas que se basean en feitos irreais? Esta información non é relevante de ningunha maneira para o produto en si. Hai películas que aínda estando baseadas en feitos reais non o parecen de ningunha maneira como é o case da esquecible Compliance (2012, Craig Zobel). Aínda asemella que poñen isto para que cando vexamos algunha incoherencia dentro do filme, algo ridículo ou absurdo pensemos: Eh! Que esta baseada en feitos reais! Iso quere dicir que pasou de verdade e podemos perdoalo.

Fago mención disto porque a min resúltame un alivio ver unha película como The Grand Hotel Budapest onde debuxa un mundo fantasioso cunha estética moi particular que se afasta do que concebimos como mundo real para crear algo propio e orixinal que, sen embargo, tamén senta as súas bases nunha situación real como foi a Europa antes das guerras. Polo que podería dicirse que esta baseada en feitos reais. Utilizando outras palabras, o que mostra a película tamén podería ser considerado como algo realista pero transformado pola visión que ten Wes Anderson e creando algo novo.

Da película, so me gustaría comentar unha escena en particular onde se ve unha relación entre o arte vello e novo. Dentro da película hai un MacGuffin claro que é un cadro renacentista coñecido como “O Cativo da Maza” coñecido dentro da película como a quintaesencia do arte renacentista. Nun momento do filme, o protagonista ten que roubar o cadro e no lugar onde estaba colgado pon un titulado “Dúas Lesbianas Masturbándose” Con un so movemento da man vemos a evolución da pintura dende ese renacemento obsesionado cos retratos ata o arte do século XX, cunha representación crúa a vulgar do corpo feminino e con a clara intención de provocar. Tamén vemos a valoración de ambos estilos, mentres o cadro renacentistas e desexado por todos o cadro das dúas mulleres e destruído cando o antagonista dáse conta do troco.

En definitiva e resumindo, The Grand Budapest Hotel quizás sexa a mellor película de Wes Anderson. Se che gustou o anterior hai grande posibilidades de que esta che guste, senón che gustou ningunha das súas películas pode que, por fin, esta o faga.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s