Música/Sociología

Sobre o poder da música

O domingo 9 de marzo, Madrid acolleu unha gran protesta do mundo da cultura madrileña en contra dos recortes neste ámbito, reivindicando a importancia da cultura para a vida social da cidade, reivindicándoa como un dereito democrático cidadán que se está a converter cada vez máis nun privilexio ó alcance duns poucos. Para levar a cabo esta particular reivindicación, celébrase un gran festival que reúne bandas de música, orquestras, grupos de percusión, e grupos de artes escénicas.

O punto culminante de dita protesta foi o fin do acto, coa interpretación do “Coro dos escravos” da ópera Nabucco de Verdi. Vemos como unha vez máis, estase a utilizar o poder da música, e a simboloxía que esta conleva, para lanzar mensaxes, neste caso de protesta.

Non me estou a referir a ese poder intrínseco atribuído á música dende a época antiga, época da Teoría do Ethos aristotélica, que recollería Platón ó falar do poder divino da música, e que esta podía conferir pracer ou sedar; poder intrínseco que chega ata hoxe en día cos postulados actuais da musicoterapia.  A miña reflexión vai máis cara á forma de transmitir esa mensaxe, nos recursos empregados para ese fin, non na mensaxe que se quere emitir.

Unha vez máis se recorre a un “tópico” musical para dalgunha maneira equiparar unha situación ou un momento particular. Menciono a palabra tópico, posto que este coro na súa época significou un canto de súplica e combate dos patriotas italianos identificados co pobo hebreo, esforzándose por liberarse da dominación estranxeira, e aínda hoxe en día se sigue empregando para expresar unha mensaxe similar. Neste caso, penso que máis polo significado orixinal do propio libreto operístico, empregouse a data de estrea desta peza (9 de marzo de 1842) para que, coincidentemente, o mesmo día 9 de marzo pero de 2014 un gran colectivo do eido da cultura madrileña en particular, e española en xeral, fixese unha gran protesta polos seus dereitos.

Ler sobre a noticia desta “quedada” na prensa, na que se convidaba a unha gran reunión de toda persoa que quixera interpretar dita peza en conxunto, fíxome pensar en cal foi o motivo que levou á organización de tal evento a escoller esta peza en concreto, e non, por exemplo, o coro da 9ª Sinfonía de Beethoven ou “Himno á Alegría”, ou “Imagine” de John Lennon.

Non se trata dunha crítica, senón máis ben dun acto de reflexión acerca desas pezas musicais que ó longo do tempo están a ser etiquetadas, e rematarán formando parte dalgún CD recopilatorio no que poidamos ler: “música para manifestarse”, no mesmo estante no que hoxe atopamos nun centro comercial, na sección de música, o cartel “música para relaxarse” ou “música para facer deporte”.

Pero, se esa peza “etiquetada” que consumimos na radio, no teatro, mercándoa nunha tenda de música ou interpretándoa persoalmente, consegue poñernos os pelos de punta e emocionarnos como poucas cousas no mundo, estaremos recoñecendo o valor da música, como algo persoal e propio, máis alá de estereotipos e modas pasaxeiras. E para establecer unha ponte entre estas ideas e o pensamento musical na Antiga Grecia, é interesante saber que Platón consideraba a música como a base da educación cidadá, co poder de elevar a alma cara un nivel superior, de perfección.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s