Literatura/Otros

Ao dictado da actualidade

A compañía Chévere vive neste ano o seu 25 aniversario. Sobra algún dedo na man para contarmos as compañías galegas que poidan presumir de tal lonxevidade. No que ata o de agora é o seu último espectáculo, Eurozone, podemos detectar facilmente algúns dos elementos máis significativos que caracterizaron e caracterizan a creación escénica desta compañía.

Como queda patente no seu propio título, Eurozone é un espectáculo feito ao ditado da actualidade. Unha sátira sobre algo que está presente no día a día nos medios de comunicación, nos entendidísimos debates dos entendidísimos contertulios televisivos e radiofónicos, nas charlas de taberna e sobremesa: a crise no contexto diso que chaman “Europa”. Da mesma maneira que don Jacinto Benavente en Los intereses creados (que inda que pareza mentira ten certa relación temática coa obra que nos ocupa) dicía aquilo de “He aquí el tinglado de la antigua farsa”, os de Chévere poden pregoar que con este espectáculo continúan co seu labor de definir, ou polo menos propor, o tinglado dun estilo farsesco formal e argumentalmente novo, inda que, como todo na creación artítistica, herdeiro en maior ou menor medida de experiencias precedentes, neste caso da tradición paródica do teatro independente español dos 70, con exemplos sobranceiros como Els Joglars, por citar un dos máis coñecidos.

Outra das marcas da casa é a de apoiarse na estrutura argumental ou na evocación dunha película coñecida. Desta maneira conseguen, por unha parte, ter unha escaleta sobre a que comezar a traballar, no seu tamén característico proceso de creación colectiva, e pola outra dotar ao espectador dunha referencia que lle permita ler doadamente a proposta que se lles presenta. Un método que inauguraron no seu momento con Río Bravo, o espectáculo que os asentou de cheo no panorama do teatro galego, e que neste caso se concreta na acertada e intencionadísima escolla de Reservoir Dogs, un filme que, por ter como columna argumental a preparación e perpetración dun atraco e as distintas actitudes dos que nel participan, aporta a este Eurozone un fértil material metafórico, valiosísimo para as intencións temáticas da compañía e para a recepción activa e inmediata dos espectadores.

Con estes e outros ingredientes Chévere consegue un espectáculo no que se reedita un dos logros que a acreditan como unha das compañías galegas de referencia: a empatía co público. Pola súa longa experiencia como xestores da sala Nasa teñen claro que o público non é un ente abstracto e ideal, saben da súa existencia empírica, da necesidade de gañalo e fidelizalo con propostas nas que o espectador se sinta atinxido por unha relación fresca e directa que lle faga sentir que a asistencia a unha función teatral, independentemente da súa temática, estilo, ton ou intención, é ante todo un acto pracenteiro.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s